CONCURSO

Publicadas as bases para o Blanco Amor de novela

A entrega do galardón terá lugar nun acto literario organizado pola Deputación o xoves 1 de decembro, para conmemorar o cabodano do autor de "A Esmorga"

Está xa aberto o plazo de presentación de traballos da XXXV edición do premio Blanco Amor de novela longa, organizado por la Deputación de Ourense. Poderán participar nel todos os autores e autoras que presenten unha ou varias obras inéditas escritas en lingua galega segundo a normativa oficial. As redaccións terán unha extensión mínima de 150 folios mecanografiados ou escritos en ordenador a unha soa cara e a dos espazos, ou de 17 a dúas. Ademais, deberanse achegar tamén en soporte informático.

O prazo de admisión dos orixinais rematará o mércores 14 de setembro, cando se cumbren 119 anos do nacemento en Ourense de Eduardo Blanco Amor. O xurado do premio, que será nomeado pola Deputación, estará composto por cinco membros de recoñecido prestixio no ámbito da cultura galega.

O traballo gañador será premiado con 12.000 euros e unha obra escultórica, pero o certame poderáse declarar "deserto" de non existiren obras de calidade adecuada a xuízo do xurado, que se reunirá con tempo suficiente antes da entrega e fará pública a súa decisión. As obras no premiadas devolveránselles aos autores que o soliciten.

A entrega do galardón terá lugar nun acto literario organizado pola Deputación o xoves 1 de decembro, para conmemorar o cabodano do autor de "A Esmorga".

Te puede interesar