O recordo da Xeración Nós a través das súas verbas literarias

Ofrenda loral na tumba de Florentino Cuevillas (MARTIÑO PINAL)
photo_camera Ofrenda loral na tumba de Florentino Cuevillas (MARTIÑO PINAL)

Unha escolma de artigos da revista Nós, correspondente aos anos 1924 e 1934, e páxinas do ensaio "Sempre en Galiza" de Castelao, do que este ano se cumpre o 70 aniversario da súa publicación, foron os eixes centrais da lectura pública que onte tivo lugar na Praza do Ferro. Este acto estivo enmarcado no programa de actividades que a Asociación ProCentenario Nós organizou con motivo do 94 aniversario da publicación da revista “Nós”, no prelo de La Región. Camilo Fernández Valdehorras, presidente da Asociación proCentenario Nós 2020 fixo ademais de guía no percorrido feito no cemiterio de San Francisco, onde están enterrados preto de medio centenar de ilustres ourensáns.

Coa vista fixada no 2020 para facer deste centenario un gran evento da galeguidade local, nacional e internacional, a asociación leva cinco anos promovendo esta homenaxe, "conscentes da necesidade de facer pedagoxía ano tras ano. A asociación ten moi en conta que a súa obriga é apostar polo coñecemento e a defensa dos contidos que a revista atesora", suliñou Fernández. Os asistentes a esta xornada de reivindicación cultural tamén tiveron ocasión de visitar a Vicente Risco e Otero Pedrayo.

Te puede interesar