MIGRACIÓN

Un regreso pensando en traballar por e para Galicia

Arepazo
Fiesta venezolana en el Campo da Feira
6-7-13
photo_camera O ano pasado retornaron 1.200 persoas á provincia de Ourense.

O retorno medrou na provincia de Ourense un 82,65% entre 2009 e 2017, ata alcanzar as 1.200 persoas

O retorno medrou na provincia de Ourense un 82,65 % entre 2009 e 2017, pasando de 867 a 1.200 persoas. De 2016, cando rexistrou un retorno de 921 persoas, o que supón que en 2017 a cifra aumentou un 30,29%.

A porcentaxe en menores de 65 anos aumentou un 81,72%, pasando dos 465 de 2009 aos 845 de 2017. Os menores de 45 anos medraron un 148%, dos 204 de 2009 aos 506 do pasado exercicio. De entre 16 e 54 anos, é dicir, en idade laboral, incrementáronse un 132,30%, pasando dos 245 de 2009 aos 508 de 2017. O grupo de idade cuxo retorno máis medrou nos últimos oito anos foi o de menores de 15 anos, que se disparou un 285%, dos 40 que regresaron en 2009 aos 154 que o fixeron en 2017. 


Daniel España (hosteleiro): “O xeito de traballar en España é diferente"


Daniel España é un galego venezolano que montou unha cafetería xeadería na segunda planta do centro comercial Pontevella, Café Bianca Arepera, un dos locais de referencia da gastronomía venezonala en Ourense. Traballan como autónomos el, a súa muller e a súa nora, e teñen contratado outro venezolano fillo de emigrantes galegos retornados. "Retornamos en xaneiro de 2016, e no mes de maio comezamos cos trámites para sacar adiante un negocio. O xeito de traballar era novo, xa que nós tiñamos un negocio de perfumería e droguería, e totalmente diferente á de América. A Xunta axudounos -de feito, a Secretaría Xeral de Emigración ten unha liña de Axudas ao Retornado Emprededor cuio prazo de solicitude aínda está aberto, ata o próximo 31 de outubro-, e traballamos duro para sair adiante, pero estamos moi contentos, xa que non só buscábamos unha saída laboral, senon tamén estábamos interesados en cubrir a parte médica pensando nos meus sogros. O noso negocio foi froito de traballar a reo, a pé de realidade, tendo o corazón compartido entre Venezuela e España", remata Daniel. 


José Macía (empresario): “Os retornados temos ideas emprendedoras"


José Macía retornou a Galicia fai un ano, e dende a súa chegada empezou a buscar negocios nos que investir, participando en diferentes obradoiros e estudando un amplo abano de opcións. Fai tres meses comezou a producción de queixos venezolanos en Xinzo, baixo o nome de Queixos El Cardenalito, uns artigos cada vez máis demandados pola fusión de sabores e a calidade das súas materias primas. "Foi o meu pai o que me inculcou a tradición galega xa dende pequeno, e os venezolanos temos unha impronta emprendedora. Dinme conta de que Galicia ten excelentes produtos, pero faltaba comercialización. Así que comezamos a elaborar os nosos queixos aproveitando que non había este tipo de oferta pero si unha demanda, abrindo mercado e posicionándonos pouco a pouco cunha rede de distribución. Cada vez hai máis venezolanos emprendedores, e as axudas da Xunta son un pulo importante a moitas iniciativas", remata José Macía. 

Te puede interesar