INFRAESTRUTURAS

Rematadas unhas obras de mellora de pavimentación na Loña

A Lomia. 08-02-16. Local. Visita de obras de acceso ´apraza de Lonia do Alcalde.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Visita ás obras en Loña. (XESÚS FARIÑAS)

O alcalde, Jesús Vázquez, visitou as obras e reuniuse coa asociación veciñal para tomar coñecemento das necesidades da localidade

O Concello de Ourense anunciou este luns o remate das obras de mellora de infraestruturas e nova pavimentación do denominado Camiño de Abaixo, na Loña, no que executou un investimento de 59.295,48 euros.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Infraestruturas, José Araújo, visitaron esta luns as obras e mantiveron un encontro con representantes da asociación veciñal da localidade, coa finalidade de apreciar de primeira man o resultado dos traballos realizados e coñecer as inquedanzas, necesidades e demandas de veciños e veciñas da Loña.

Os traballos realizados consistiron nunha completa mellora das infraestruturas da rúa Camiño de Abaixo, que incluiu o cambio das redes de saneamento e abastecemento de auga, o soterrado do cableado aéreo e a instalación dun novo pavimento no vial.

As obras forman parte do Plan de Investimentos que está a desenvolver o Concello de Ourense, que deu lugar na na súa primeira fase a obras por importe de case 4 millóns de euros na cidade.

A asociación veciñal celebrará unha próxima xuntanza na que veciños e veciñas porán en común as necesidades e demandas máis prioritarias para a localidade co fin de achegalas ao goberno municipal e que este poda estudiar esas intervencións e incluilas en futuros plans de obras municipais.

Te puede interesar