CULTURA

Homenaxe a Neira Vilas no primeiro aniversario da súa morte

A revista Raigame, editada pola Deputación de Ourense, rendirá tributo o escritor pontevedrés

Xosé Neira Vilas será homenaxeado no seu primeiro aniversario da súa morte pola revista Raigame, editada pola Deputación de Ourense.
O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, señalou que "é a obra de Galicia na que mantén viva a alma do pobo, e desde o goberno provincial sentímonos orgullosos de promover e difundir o traballo deste autor irrepetible”.

O presidente provincial presentou este traballo editorial xunto co presidente da Fundación “Neira Villas”, Luis Reimóndez, e co director da revista Raigame, Xulio Fernández Senra, expresou a súa satisfacción “de poder colaborar na posta en valor da obra de Neira Vilas desde unha plataforma de difusión cultural, da man do Centro de Cultural Popular “Xaquín Lorenzo”, para, nesta ocasión, homenaxear a un protagonista con maiúsculas das nosas letras, agora que se cumpre un ano da súa desaparición física mais non da súa obra literaria, que nos quedará para sempre”.

Xulio Fernández Senra destacou a importancia desta publicación -o número 39 de Raigame-, da que, dixo, “recolle artigos asinados por Pilar Sampedro, Valentín García Gómez, Luis Reimóndez,  Rosalía Morlán e Fernando Redondo, nos que fan achegas literarias e de investigación sobre a figura de Neira Vilas e da súa fundación, herdeira do legado do escritor”.

Pola súa banda, Luis Reimóndez destacou a vinculación que Neira Vilas tivo coa provincia de Ourense, “os pais da súa dona eran de Verea e Celanova, e por iso sempre tivo un cariño especial por esta provincia”, e afirmou que se houbese que destacar unha característica do escritor “esa era a humildade”. “

Te puede interesar