ÁREA METROPOLITANA

San Cibrao cita a coros e rondallas da provincia

<p></p>
photo_camera José Blanco, María del Puy, Nuria Iglesias, Francisco Vázquez, Pedro Fernández, Olga Feijóo, María Elvira Ocampo, y Samuel Lago, onte na presentación do Festival de Coros e Rondallas de San Cibrao.

O obxectivo é promocionar a actividade cultural que hai no municipio

A Asociación Veciñal e Cultural de San Cibrao das Viñas presentou onte a terceira edición do Festival de Coros e Rondallas de San Cibrao das Viñas, que se celebrará o vindeiro 26 de novembro, a partir das 17,30 horas, no Pavillón de San Cibrao. Este festival contará coa participación do Grupo Instrumental "As Viñas", o Coro de San Cibrao, a Rondalla de Sandiás, a Banda Municipal de San Cibrao e a Coral de Ruada.

O presidente da Asociación Veciñal e Cultural de San Cibrao, Francisco Javier Vázquez, salientou o obxectivo de "promocionar a actividade musical levada a cabo en San Cibrao, tanto a auspiciada pola Asociación Cultural As Viñas como a propia do Concello".

O director da Agrupación Musical As Viñas, José Ramón Blanco, recalcou a "importancia de traballar con nenos, xóvenes e adultos".

Manuel Pedro Fernández felicitou a iniciativa xa que "enriquece a cultura dos nosos veciños" e animou a "seguir impulsando iniciativas coma esta". Samuel Lago salientou que nas bases fundacionais da Coral da Ruada está a "difusión da cultura e a música galega por toda a provincia, Galicia, España e tamén América" ademais de "estar a un ano de cumprir os 100 anos desde a súa fundación".

Tamén estiveron presentes no acto a presidenta da Banda Municipal, Nuria Iglesias, así como diferentes membros da xunta directiva da Asociación Veciñal e Cultural de San Cibrao das Viñas. 

Te puede interesar