ENTREVISTA

Marcos Pardo: “Santa Mariña de Augas Santas é un escenario de lenda que me namora"

photo_camera Marcos Pardo

Presenta este xoves no Liceo a súa primeira novela, "Luz, un camiño truncado"

Marcos Pardo é un apaixonado da paisaxe galega. Canto máis misteriosa, mellor. Por iso Santa Mariña de Augas Santas é un dos escenarios da súa primeira novela, "Luz, un camiño truncado", que presenta este xoves, ás 20,30 horas no Liceo, nun evento musicado por  Mari Carmen González e Xabier Vaz. Conducirá a cita Ramón Blanco Fortes.

Quen é Luz, a protagonista?

Unha rapaza que vive nunha vila e a súa vida preséntase, aparentemente, monótona. De pronto, trúncaselle o camiño a partir dun personaxe, que fai que a súa vida cambie e empeza a haber unha cadea de fatalidades que fan que se dirixa por un camiño de vinganza. Ela fai todo o posible por recuperar a esperanza perdida.

Entón é unha historia de superación?

É unha historia básicamente de vinganza, pero tamén de drama e misterio.

Os escenarios. Hai un pazo, hai misticismo... O lector reconocerá algún lugar concreto de Galicia?

Onde ocurre un dos acontecementos mais bonitos para a vida da protagonista é en Santa Mariña de Augas Santas, un lugar que me encanta, onde está a basílica inacabada dos Fornos da Santa.

Ten vinculación con este lugar?

Non. Simplemente esa atracción. Cada certo tempo vou por alí, é un lugar que me ten namorado.

De onde lle vén a paixón polos lugares de lenda?

Sempre fun atraído por estes escenarios. A lenda gustoume dende pequeniño, edificar lugares místicos.

Aparece a lenda de Santa Mariña na novela?

Non. Pero si aparece unha lenda dun pazo, aínda que ficticia.

É musico. Esa parte súa aparece dalgún xeito na obra?

Si, a protagonista remata introducíndose no mundo musical e, a traves del, é como atopa a vinganza.

É a súa primeira novela... Foi difícil a incursión no mundo literario?

Aí agradécolle aos amigos, como Avelino Jácome, o editor, Miguel Coello, Maite Vázquez...Eles puxéronme no camiño a seguir.

E da súa faceta de músico, que proxectos ten en camiño?

Estou gravando o me primeiro disco, "Marcos Pardo", de estilo pop-rock e estou metido no proxexto "La sombra de Justine", que vai ser unha música totalmente diferente a que fago.

Te puede interesar