ENTREVISTA | VIDA

Sebastián del Cristo Mourille, o ourensán encantador de cabalos

OURENSE. 10/01/2018 Centro Ecuestre O Mundil. Sebastian Cristo Mourille. Fotos para suplemento Vida. Foto: Miguel Angel
photo_camera Sebastián del Cristo Mourille

Contaxia ledicia e entusiasmo. Os seus intensos ollos transmiten a paixón que sinte polo mundo do cabalo e falan dun mozo responsable que atopa nos equinos non só un modo de traballo, senón tamén unha forma de atopar paz nestes días que corren. El é Sebastián del Cristo Mourille

 

Contaxia ledicia e entusiasmo. Os seus intensos ollos transmiten a paixón que sinte polo mundo do cabalo e falan dun mozo responsable que atopa nos equinos non só un modo de traballo, senón tamén unha forma de atopar paz nestes días que corren. Con tan só 8 anos sentiu que estaba feito para o mundo do cabalo e, de xeito autodidacta, foise perfeccionando e demostrando que tiña unha conexión especial cos cabalos conseguindo entenderse con eles e lograr que ata os máis salvaxes lle obedecesen. El é Sebastián del Cristo Mourille. 

Cando deu os seus primeiros pasos no mundo da doma?

Penso que con 8 anos, recén chegado de Venezuela, e foi un pouco por seguir as aficións dos meus irmáns que xa estaban aquí. Co tempo eles foron deixándoo de lado e eu seguin interesado en continuar neste mundo e, sempre que podía, ía á hípica do Mundil e fixabame no que facían os monitores e, observándoos, foi como aprendín. Moitos deles tamén confiaban en min e me daban os cabalos “máis indomables” para que os domase porque vian que se me daba ben. Case todo o que sei é de forma autodidacta. O máis importante é sentir o cabalo. 

Cal é o seu traballo no Centro?OURENSE. 10/01/2018 Centro Ecuestre O Mundil. Sebastian Cristo Mourille. Fotos para suplemento Vida. Foto: Miguel Angel

Domesticar os cabalos para seren aptos para as clases que tamén imparto. Ademais, chegan a min animais de toda a península para que os doma chegan a min animais de distintos sitios para o inicio da sua doma, desbrave (sobre todo de Pura Raza Galega), superar trastornos, medos... e temos cabalos para coidalos. 

É vostede moi novo e supoño que adicarse a esto tamén ten o seu sacrificio.

Si, é un traballo que precisa de moita constancia e paciencia. Son moitas as horas necesarias para conseguir formar un cabalo e que se poida dar clases con el a nenos, asemade tamén necesitan a súa liberdade e estar activos. Hai que renunciar as fins de semanas e a moitos festivos, pero eu síntome recompensado porque é algo do que desfruto.

Ten algún truco para a doma?

Lonxe dos tópicos, eu non lles susurro aos cabalos (risas), pero si que é certo que o ton de voz que empregas inflúe. Igual que con unha persona, eles o detectan positiva ou negativamente, e segundo eso deixan que te achegues ou non.

Con respecto as clases cos nenos, cales son os beneficios da súa relación cos cabalos?

Moitos. Resulta sorprendente como nenos chegan ao centro e cambian a súa forma de ser. Temos nenos con hiperactividade e outros aos que lles costaba relacionarse e que melloraron moitísimo, incluso nas notas. Estar cos cabalos non é só montalos; é adquirir responsabilidades xa que desde que entran pola porta deben facerse cargo deles en todo momento e esixe tamén unha concentración, que se pode aplicar ao día a día. Eu dou clases a rapaces dende os 5 anos e vou vendo como van medrando e evolucionan e resulta verdadeiramente gratificante. Ademais é algo que, unha vez empezan, non o soen deixar.

OURENSE. 10/01/2018 Centro Ecuestre O Mundil. Sebastian Cristo Mourille. Fotos para suplemento Vida. Foto: Miguel Angel
La doma, su pasión. 

Tamén hai "estrellas" entre os cabalos da Hípica.

Efectivamente. Alejandro Sánz elexiu a Diamante para o videoclip de "Un zombie a la intemperie" e temos a Paquito, un burriño que saiu en "A esmorga", de Ignacio Vilar. 

Que lle aporta este traballo?

Faime sentir moi ben. Gústame moito traballar cos nenos, ver a súa evolución. Síntome orgulloso de que os seus pais me digan que melloran e tamén lle acabo collendo moito cariño. Traballar cos cabalos tamén é gratificante, ver que chega “salvaxe” e que ao final acaba facendoche caso.

Algún proxecto?

Sempre quixen ir estudiar inglés ao estranxeiro e formarme en lugares relaccionados co mundo do cabalo como Alemania, Málaga ou Jérez. Ir, formarme, e volver, para axudar a que o Centro do Mundil se converta, aínda máis, nun referente.

Te puede interesar