CON BASTÓN DE MANDO / ALCALDE DE CEA

José Luis Valladares: “Serán os meus últimos catro anos na alcaldía"

photo_camera José Luis Valladares Fernández, no campo de fútbol de Cea, equipo no que xogou e do que foi presidente.

José Luis Valladares Fernández ten como obxectivo máis inmediato conseguir captar empresas que se instalen no futuro parque empresarial de Cea co fin de crear emprego

José Luis Valladares Fernández ten como obxectivo máis inmediato conseguir captar empresas que se instalen no futuro parque empresarial de Cea co fin de crear emprego.

Cantos anos leva de alcalde?

Desde 1991, un total de 24 anos.

Cal pensa que é o motivo da súa continuidade durante tanto tempo?

Sobre todo, que siga ó pe do cañón e o cariño que me mostran os cidadáns en cada contenda electoral. Demóstranme que confían en min porque a aspiración que teño é a de servir ós demais, nunca sacar beneficio persoal. Por eso me animo outros catro anos, aínda que penso que serán os últimos na alcaldía, porque o corpo xa me pide descanso. Pero vou seguir para conseguir empresas para o parque empresarial que estamos facendo e que os veciños non teñan que desprazarse a outros lugares para traballar.

En qué piares basea o seu mandato?

Centreime en dotar de infraestructuras básicas a todos os pobos e crear en cada parroquia centros sociais; tamén nos Servizos Sociais sobre todo para as persoas maiores que non teñen medios. Hai xente que recibe axuda económica e non o necesita, mentras a outros con grandes necesidades denéganlla. Eso é o que me irrita. Debería primar a opinión dos Servizos Sociais do Concello e a do alcalde. Outro piar é o turismo. Temos a Vía da Prata, o Mosteiro de Oseira e temos que potencialas, para o que é necesario que axuden as administracións. Finalmente está o pan de Cea, outro atractivo para o que conseguimos a Indicación Xeográfica e que sea o primeiro pan recoñecido da Comunidade Europea.

Qué ambiciona para Cea?

Que os xóvenes non teñan que saír a buscar traballo ou unha forma de vida mellor. As infraestructuras témolas e agora estamos construíndo un parque empresarial. Hai un edificio multiusos, un campo de deportes, piscinas, un tanatorio, son infraestructuras para que a xente se sinta cómoda.

En que momento está o proxecto do parque empresarial?

Están co desmonte e despois farán a conexión coa N-525, as rúas e instalarán os servizos. Están cumplindo o prazo, que é de 15 meses.

Pero gran parte dese solo está comprometido coa empresa 5Jotas?

Si, e váiselle ofrecer o terreo para que constrúa a nave, para o que ten que pedir licencia e pagar o que debe polo terreo. Se non o fai, perde todos os dereitos e aínda terá que aboar 500.000 euros por incumprimento do convenio.

Cea ten dous valores moi importantes, o pan e o Mosteiro de Oseira. Pensa que están ben aproveitados?

Creo que o pan sí, porque hai un presidente e unha directiva do Consello Regulador que se preocupan de promocionalo e de elaborar un bo produto. Sempre se pode aproveitar máis pero hai que ver se se pode facer para atender a demanda e neso están traballando, para que a xente vexa que é un manxar delicioso, porque para 55 pezas necesítanse seis horas de cocción e todo o traballo é manual. En canto a Oseira, as administracións están facendo todo o posible, pero pídolle a Deputación e á Xunta algo máis de esforzo, máis iniciativas como o videoclip de Alejandro Sanz. Que se impliquen as administracións un pouco máis na conservación e divulgación do mosteiro.

Outros obxectivos?

O mantemento das infraestructuras que están feitas, mellorar os Servizos Sociais e se hai demanda, intentaremos ampliar as prazas da gardería, que pasou a ter este ano 17 nenos, cando nos anteriores había unha media de 10 ou 12.

Te puede interesar