día mundial del cáncer de mama

O Sergas diagnostica en Ourense unha media de 200 casos de cancro de mama cada ano

Desde a Xerencia de Xestión Integrada de Ourense recordan que o diagnóstico precoz aumenta considerablemente as posibilidades de supervivencia

Con motivo do Día Mundial de Cancro de Mama que a OMS conmemora este viernes, día 19 de outubro, a Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras "desexa enviar unha mensaxe de alento e esperanza ás mulleres que padecen esta enfermidade cada vez mais precozmente diagnósticada e con tratamentos mais eficaces".


Douscentos novos casos por ano de media en Ourense


A captación de posibles casos e o diagnóstico precoz, fai que se incrementen os casos, pero tamén as posibilidades de supervivencia, grazas á mellora dos medios diagnósticos e terapéuticos, xunto cos beneficios do abordaxe e coordinación multidisciplinar, protocolización dos procesos e o alto grao de implicación de tódolos servizos.

Na actualidade, os tratamentos son individualizados, á medida das necesidades e características de cada paciente e, na maioría de casos, a resposta cirúrxica é conservadora. 

Así cando é precisa a realización dunha mastectomía, no 40% dos casos, no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, centro de referencia para este tratamento, procédese directamente a súa reconstrución no mesmo acto cirúrxico.


Ao redor de 9.000 mamografías e 4.000 ecografías ao ano


Na actualidade, a Unidade de Radioloxía Mamaria realiza unha media de 40 mamografías diarias, a maioría, de seguimento e control, e moitas de tipo preventivo -sen patoloxía-. Asemade, esta proba radiolóxica complementase, sempre que é preciso, cunha ecografía, que se realiza no mesmo día, sendo unha das consultas de acto único ou de alta resolución mais frecuentes no CHUO.

Este procedemento, que permite a exploración da axila, e aporta unha información moi axustada para a localización das lesións, resulta de gran importancia cando é preciso realizar unha biopsia, proba que moitas veces pode ser realizada directamente nesta mesma consulta de radioloxía de mama, mediante distintas técnicas, enviando a mostra directamente para seu análise ao Servizo de Anatomía Patolóxica

 

Desde Anatomía Patolóxica realizase o diagnóstico de certeza de cáncro, mediante exame microscópico e anatomopatolóxico da biopsia, técnica que ten rexistrado grandes avances nos últimos anos, e que pola súa concreción é de gran axuda naavaliación da extensión ou evolución das lesións, información de gran relevancia para plaqnificar seu abordaxe e instaurar tratamento.

Precisamente este servizo puxo en marcha recientemente unha nova técnica de patoloxía molecular que permite unha detección máis minuciosa das metástases nos ganglios linfáticos, evitando posteriores intervencións.

Asemade, técnicas como o ganglio centinela, na que Ourense é decana na súa implantación en Galicia, e a mellora das técnicas diagnósticas, permite detectar cada día con maior precocidade estes tumores, incrementando exponecialmente o número de lesións non palpables (microscópicos e indetectables ao tacto) Esta detección precoz eleva as posibilidades de supervivencia ata niveis un 90 por cento dos casos.

 

Te puede interesar