Sanidade

O Sergas inviste máis de medio millón de euros nunha nova resonancia para o CHUO

Zero40 Studios Rens van Mierlo Eindhoven the Netherlands
studio@zero40.nl  |  www.zero40.nl
photo_camera Imaxe dunha Resonancia Magnética Nuclear.

As obras de ampliación da área de radioloxía do Edificio Cristal comezaron esta semana. Espérase que a unidade comece a funcionar o vindeiro setembro

As obras de ampliación da área de radioloxía do Edificio Cristal comezaron esta semana co obxectivo de ampliar o espazo para a instalación dunha segunda unidade de Resonancia Magnética Nuclear (RMN), que se espera comece a funcionar o vindeiro setembro.

O orzamento destinado para as obras é de 618.781,61€, que teñen como obxectivo "habilitar e reformar un espazo adxunto á unidade de radiodiagnóstico, onde se ubicará o noco equipo de alta tecnoloxía, así como reordenar os espazos, fluxos e circulación de pacientes", explican desde o Sergas

No ano 2017 realizáronse máis de 17.000 estudos de RMN desde os distintos servizos do hospital e os centros de atención primaria de Ourense, a maioria con carácter ambulatorio.

Te puede interesar