INCENDIOS

A situación de nove lumes na provincia: activo o de Vilariño de Conso, con 300 hectáreas queimadas

Medio Rural informa da situación dos últimos focos rexistrados na provincia de Ourense

A situación de nove lumes na provincia: activo o de Vilariño de Conso, con 300 hectáreas queimadas

Estabilizado Lobios

Continúa estabilizado desde as 20,50 h. de onte un dos incendios que comezou o domingo pola noite no concello de Lobios, parroquia de Río Caldo, e que afecta, segundo estimacións provisionais, unha superficie de arredor de 650 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. No lugar levan traballado 17 axentes, 33 brigadas, 17 motobombas, 4 avións e 7 helicópteros. Tamén participaron nos labores de extinción efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Controlado Lobios

Ás 18,46 horas quedou controlado o lume iniciado o pasado domingo ás 23,41 h. no concello de Lobios, parroquia de Río Caldo. Segundo as últimas estimacións, afecta unhas 90 hectáreas, dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Os medios que levan traballado alí son 11 axentes, 42 brigadas, 18 motobombas, 3 pas, 5 helicópteros e 2 avións.

Controlado Lobios

Segue controlado desde as 20,10 h. do martes 3 de outubro o outro lume rexistrado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo, e que afecta o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Este incendio comezou ás 20,07 h. do luns 2 de outubro e, segundo as últimas estimacións, acadou unha superficie de arredor de 51 hectáreas. No control deste lume levan traballado 22 axentes, 77 brigadas, 25 motobombas, 3 pas, 9 helicópteros e 2 avións.

Activo Vilariño de Conso (Chaguazoso)

Desde as 16,59 h. de onte permanece activo un incendio no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Chaguazoso, que afecta, segundo as últimas estimacións provisionais, arredor de 300 hectáreas. Na súa extinción levan traballado 6 axentes, 24 brigadas, 11 motobombas, 2 pas, 8 helicópteros e 2 avións.

Estabilizado Chandrexa de Queixa (Requeixo)

Estabilizado ás 19,30 h. desta tarde outro lume no concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo, que afecta arredor de 20 hectáreas. Na súa extinción traballan 2 axentes, 3 brigadas, 1 motobomba e 1 helicóptero.

Controlado Chandrexa de Queixa (Queixa)

Quedou controlado ás 19,36 h. desta tarde outro incendio no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa, que segundo as últimas estimacións afecta unhas 50 hectáreas. Na zona levan traballado 4 axentes, 9 brigadas, 5 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.

Controlado Vilar de Barrio

Permanece controlado desde as 21,55 h. de onte un lume no concello ourensán de Vilar de Barrio, parroquia de Rebordechau, que segundo estimacións afecta unha superficie de arredor de 80 hectáreas. No seu control levan traballado 11 axentes, 23 brigadas, 10 motobombas, 1 pa, 8 helicópteros e 2 avións.

Controlado O Carballiño

No concello do Carballiño, parroquia de Lobás, rexistrouse esta tarde un incendio, controlado desde as 19,15 horas, que segundo as últimas estimacións afecta 29,7 hectáreas. Comezou ás 14,05 h. e no seu control traballaron 2 axentes, 4 brigadas, 4 motobombas e 2 helicópteros.

Extinguido Vilariño de Conso (Fitoiro)

Extinguido ás 19,15 h. o incendio rexistrado na parroquia de Fitoiro, no concello de Vilariño de Conso, que comezaba ás 1,45 h. de hoxe. Segundo estimacións provisionais afectou unhas 7 hectáreas. Na súa extinción levan actuado 2 axentes, 3 brigadas, 5 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.