POLITICA

Os socialistas defenden a súa xestión no Plan de Inversións

O grupo municipal socialista asegura que deixou tramitado o 75% do plan inversor municipal, a 31 de decembro

O grupo municipal socialista no Concello de Ourense defendeu onte a súa xestión no Plan de inversións que o goberno anterior do seu partido aprobou co apoio da entón oposición popular. Alleo ó balance que un arquitecto municipal fixo nunha xunta de área de setembro, cuando aportou datos de que entre xaneiro e xuño deste ano (cando cambiou o goberno municipal) só se executaron obras polo 25 por cento daquela primeria fase do Plan, dixo nun comunicado que o entón goberno socialista "deixou adxudicados, en tramitación e cos proxectos redactados para o inicio do procedemento de obras" máis do 70% da inversión total (3.412.181,70 euros), poñendo como data a do 31 de decembro de 2014.

Esa cifra sérvelle para cuestionar ao actual goberno do PP e ao seu alcalde, Xesús Vázquez, que comezaron a gobernar o 13 de xuño. O PP criticou reiteradamente ao goberno socialista anterior porque, pese a iniciar a tramitación a finais do 2014, que o actual goberno recoñece, non se fixo xestión de obras entre xaneiro e xuño deste ano 2015, o que paralizou proxectos de envergadura ata este verán, co que xa non daría tempo a executar obras este ano.

Os socialistas din que no desenvolvemento da primeira fase do Plan de Inversións se adxudicaron ou estaban a piques, sempre a 31 de decembro de 2014, 36 proxectos, cáseque todos obras menores, a xulgar pola súa cuantía, nunca superior a 60.000 euros. En total, serían 1,15 millóns de euros. E estaban, di, en proxecto de adxudicación outros ocito máis por importe de 356.340 euros.

E di que estaban no servicio de contratación, a 31 de decembro, seis proxectos por 877.163 euros, e outros tres por importe de 933.409 euros, onde figura a rúa Concejo.

Te puede interesar