SOCIEDAD

Solidaridad para axudar a Alistair Bain, un neno ourensán con parálise cerebral

Unha campaña solidaria aspira a solicitar once millóns de tapóns para colaborar coa súa patoloxía. Ademáis desta iniciativa, o 22 de outubro haberá unha andaina en Taboadela

A Fundación Amigos de Galicia (FAG) iniciou unha campaña de recollida de tapóns para cubrir os tratamentos de fisioterapia e terapia ocupacional de Alistair Bain, un neno ourensán de 14 anos que sofre parálise cerebral.

A traballadora social da Fundación, Noelia Romeu, e a nai de Alistair, Marisol Ferrero, confirmaron na sede da entidade en Ourense que serán necesarios once millóns de tapóns de plástico para que o pequeno poida proseguir con ambos os tratamentos durante seis meses.

"O custo do tratamento durante seis meses ascende a 4.275 euros, unha cantidade que a súa familia non pode asumir", explicou Noelia Romeu. A alternativa consiste en conseguir 15.833 quilos de tapóns, "un once millóns" de tapas, indica a portavoz da FAG.

 

Por este motivo a entidade abriu unha campaña en toda Galicia para que quen desexen colaborar poidan entregar tapas de plástico nas sedes da entidade en Santiago, Vilagarcía de Arousa e Ourense.

No caso da cidade das Burgas, a sede da entidade atópase na Avenida de Portugal e está aberta de luns a xoves entre as 8,00 e as 14,00 horas e de 15,30 a 18,00 horas. Os venres as instalacións abren en horario de mañá.

Marisol Ferrero, nai de Alistair explicou que, ademais da parálise cerebral, o pequeno ten dificultades de mobilidade e porta unha sonda. Ademais, en 2016 operáronlle da cadeira polo que "os seus músculos están contraídos e se non acode a terapia se lle deforman máis".

É a terceira vez que a entidade colabora coa familia deste neno natural do concello de Taboadela, despois de que a súa familia acudise ás redes sociais para pedir axuda e custear estes tratamentos.

Na actualidade a familia está composta por seis persoas que dependen do ingreso do pai, que está a cobrar por discapacidade, xa que os tratamentos que ofrece a Seguridade Social só cobren a Atención Temperá (ata o seis anos).

alist

En 2015 e a inicios de 2016 a FAC axudou a custear os tratamentos de fisioterapia e terapia ocupacional do menor, valorados en 8.020 euros, e que contaron cunha achega económica de mil euros por parte do Concello de Taboadela.

Entre as iniciativas para recadar fondos para Alistair o pasado luns o presidente da Deputación, Manuel Baltar, presentou o I Andaina solidaria Concello de Taboadela, xunto á familia de Alistair e varios concelleiros deste concello.

A cita terá lugar o domingo, 22 de outubro. A inscrición custa sete euros e a recadación irá destinada integramente a axudar á familia.

Te puede interesar