ENTREVISTA - VIDA

Sorte, conexión e boas decisións

Ourensanos juegan al mus
photo_camera O mus, un ocupación para Pedro e José Luis.

Pedro e José Luis Médez son dous irmáns aos que, ademais da sangue que lles corre polas veas, lles une unha afición, o mus. Acaban de chegar de Córdoba, do Máster Internacional de Mus que cada ano organiza nunha provincia española a Asociación Española de Mus (Asesmus). E veñen con trofeo baixo o brazo, nada máis e nada menos que como subcampións, tras unha parella de Madrid

Está claro que o mus é unha afición que move masas. Senón, ollo ás cifras de Amou, a Asociación Cultural de Museiros de Ourense, que conta na XIV Liga de Mus La Región con dúas divisións, con 20 formacións en primeira división, e 28 máis divididas en catro grupos de segunda cunha media de 14 persoas por equipo, con vistas a crear o vindeiro ano unha nova categoría. Suman un total de ao redor 700 persoas. A elo sumarlle a academia que leva en marcha sete anos co fin de formar neste xogo de cartas a todos aqueles que así o desexen (información en [email protected]). E dese particular universo de baraxas forman parte Pedro e José Luis Méndez, que nos desvelan algo máis da súa paixón polo mus que os levou a ser subcampións no Máster Internacional de Córdoba.

De onde lles ven esta afición polo mus?

A primeira vez que eu xoguei ao mus (Pedro) foi de mozo, na mili, pero nada que ver co que xogo hoxe en día. Eran partidas ocasionais. O meu irmán (José Luis) comezou antes ca mín. Tiña un equipo cun grupo de amigos cos que xa levaba tempo e empecei a xogar con él e, a raíz de aí converteuse nun dos principais pasatempos para os dous.

E de pasatempo a ser subcampións no Máster Internacional de mus…ma_2018_12_11_01_result

Para nós foi unha gran ledicia chegar á final. Fai tres anos xa estivemos en Bilbao, pero

daquela non acadáramos tan bo resultado. É máis, con esta clasificación convertémonos nos primeiros ourensáns en chegar tan alto. Tamén temos que destacar o resultado dos outros ourensáns participantes, entre eles houbo tres parellas que tamén acabaron entre os 20 primeiros.

Eso é que hai nivel en Ourense.

Nivel e moita afición, tanta que podemos decir que supera a moitas outras provincias. Na Liga La Región de Mus La Región organizada pola Asociación Cultural Museiros de

Ourense seremos ao redor de 700 persoas de edades e profesións moi diferentes as que participamos e, aínda que para os profanos lles pareza extraño, cada ano vai a máis. Se ben é certo que, con tanta xente, a competición é dura, pero tamén máis emocionante e che fai dar o máximo para acadar un bo resultado.

E vostedes, teñen alma_2018_12_11_04_resultgunha rutina de xogo?

Os xoves son o día que marca o calendario de competición para as partidas da Liga, e, antes de disputalas, soemos facer o noso particular adestramento para ir quentando as cartas mentres tomamos unha caña ou unha auga. Aparte, hai que ter en conta tamén os torneos que hai paralelos, ata un total de 22 e sempre acabas participando en algún máis.

Nas partidas de mus, existe algunha clave?

Como en calquer xogo de azar, ante todo, ter sorte e que cheguen as túas mans boas cartas. A partir de aí, é fundamental a conexión que teñas co teu compañeiro, a complicidade entre a parella. E que mellor complicidade moitas veces que a propia relación familiar, no noso caso penso que o feito de ser irmáns axuda a esa conexión e o éxito nas partidas que xogamos. Finalmente, o último paso é tomar a decisión correcta. E, tamén é necesario practicar, e non hai técnica mellor que botar as túas horas xogando partida tras partida.

Que supón para vostedes o xogo?

Todos necesitamos unha serie de ocupacións nas que pasar o tempo de lecer, a outros lles gusta calcetar ou facer manualidades, nós xogamos ao mus. Para nós é un dos xogos de cartas máis completos e bonitos nos que participar e, por riba, como seguramente todos os que xogan a el saben, hai algo tan importante como o propio xogo, que é a convivencia, a boa relación entre todos os xogadores. Pode parecer raro, pero atopamos nas cartas un punto de encontro para descubrir novas amizades ás que nos une o xogo do mus.

Dende os seus inicios no mus, ven que este xogo gaña adeptos?

Non cabe a mínima dúbida. Fai cinco anos éramos 14 equipos participantes na liga e, durante este tempo fomos vendo como cada ano máis xente se sumaba ata chegar a este 2018 con 44 equipos. Nós mesmos estamos sorprendidos de que haxa dúas divisións para dar cabida a todos os participantes, e con vistas a crear outra máis debido a o alto número interesados na competición.

Esto tamén conleva ter que enfrentarse a un maior número de competidores talentosos que hai que ir vencendo para acadar boa posición na liga.

Que destacarían do mus e como convecerían para que os lectores se inicien neste xogo?

Hai moitos xogos de cartas, pero nós que levamos moito tempo xogando, sempre decimos que unha das cualidades que ten o mus é a súa faceta de fomentar o compañeirismo entre os participantes. Non creo que exista outro xogo onde sexa tan agradable competir. E damos fe que os que comezan, se enganchan.

Te puede interesar