Comercio

O sorteo dos comerciantes repartirá 4.000 euros

Este venres distribúense cinco tarxetas regalo de 300 euros e 25 tarxetas por valor de 100 euros

A campaña As compras na túa vila teñen premio, impulsada pola Federación Galega de Comercio, chega o seu fin o próximo venres en Ourense coa celebración do sorteo que terá lugar na praza Eugenio Montes.


A iniciativa, que alcanzou este ano a súa oitava edición, é unha aposta da Dirección Xeral de Comercio para incentivar as compras de proximidade, segundo sinalou a Sol Vázquez, a directora xeral, durante a presentación da campaña o pasado 28 de setembro na Rúa do Paseo: "Gañan os consumidores que o final obterán un premio en metálico e gañan os comerciantes tamén verán motivadas as súas vendas, e o premio final repercutirá novamente no comercio". 


No sorteo deste venres, a Federación de Comercio repartirá 4.000 euros en tarxetas de compra. Haberá cinco premios de 300 euros e 25 por valor de 100 euros. Para optar aos premios, os clientes deberán presentar o seu boleto durante a celebración do sorteo que comezará ás 20 horas. As tarxetas son válidas para realizar calquera compra en establecementos de Ourense que se adheriron á iniciativa da Federación de Comercio.
A campaña dispuxo do patrocinio do Grupo Femxa e de Abanca e desenvólvese desde o 28 setembro ata o mesmo venres día 6 de outubro.

Te puede interesar