PRECAMPAÑA ELECTORAL

Susana García: “Só contemplamos un escenario, que é o de gobernar"

A candidata do BNG á Alcaldía da cidade di que as súas proridades serán "as políticas de emprego e de carácter social"

Ilusión e gañas ten dabondo a candidata do BNG as vincediras eleccións do 24 de maio. Susana García protagonizou unha nova edición dos encontros organizados polo Foro La Región co gallo dos comicios e non só aspira a manter os tres concelleiros na corporación municipal, senón que "non contempla máis escenario que o de gobernar". Non quiso falar de posibles pactos antes de que a cidadanía escolla aos seus representantes, pero si deixou claro que non prestaría o seu voto ao PP "para rematar cun modelo caciquil e especulativo".

Susana García sinalou as tres razóns polas que votar ao BNG: "Temos un proxecto sólido, coherente e fiable; podemos ofrecer unha política distinta e presentamos unha candidatura para gobernar porque non podemos seguir coa situacion de desemprego". As prioridades básicas son un "cambio de enfoque na politica; activar medidas urxentes de creación de emprego e tamén de carácter social, xa que non se pode ter 133.000 fogares a piques da exclusión social".

Malia que a enquisa que publicou La Región non lle dan un alto grao de coñecemento, García quédase co dato de que "os mesmos inquéritos valoran positivamente o noso proxecto e iso é o importante".

O primeiro que fará no caso de ter a oportunidade de levantar o bastón de mando será "facer unha auditoría que esclareza a situación das concesionarias, xa que temos detectado irregularidades tanto no cumprimento dos contratos como nas condicións laborais dos traballadores". A auditoría, que tería que estar feita antes dos primeiros seis meses do mandato, servirá ao BNG para afondar na idea de "remunipalizar os servizos públicos", sempre de forma paulatina e "cando vaian vencendo os contratos para que o Concello non teña que pagar idemnizacións".

Outra das medidas estrela do seu programa será que o Concello "teña un parque social de vivendas para dar solución as situacións de emerxencia como nos casos de desafiuzamentos. Non podemos comprender que o Concello non teña nin unha vivenda social", comentou García a preguntas do público asistente ao encontro, entre o que se atopaba Alfredo Suárez Canal, exconselleiro de Medio Rural.

Consciente de que Ourense non se pode permitir un novo plan de urbanismo, a candidata nacionalista amósase a favor de correxir o último para que non sexa aprobado sen consenso e logo dunha segunda exposición pública para que non se expoña un plan e se aprobe outro".

Outra das prioridades de ´García para fixar población na terceira cidade de Galicia e por en marcha a parada Casa da Mocidade e activar políticas de emprego que permitan aos xóvenes gañar o futuro na súa terra. E cando se fala de futuro aparece sempre o termalismo. "É o que nos define como algo diferente, somos a capital termal de Galicia e coñecidos en toda Europa", salientou Susana García. A candidata nacionalista quere potenciar iniciativas como un paquete turístico sanitario para que o termalismo tamén axude á dinamización do comercio local con actuacións no apartado da mobilidade para que os visitantes poidan tamén percorrer as rúas do centro da cidade".

Máis partidaria da iniciativa pública que da privada, García quere procurar o apoio da Xunta e da Deputación para un proxecto de futuro. Aínda que o hotel balneario na zona das Burgas está pendiente de expropiación, o BNG comprométese a que "esté feita antes de rematar o mandato. Para nós é unha proporidade".

Pola rúa a xente dille que "é necesario un cambio e facer unha oposición construtiva, non como a que fixo o PP, sen propostas". A experiencia do BNG no Goberno municipal "foi positiva porque con nós fixéronse os proyectos máis importantes", pero agora Susana García só contempla o escenario de gobernar. De pactos non fala ata que o fagan os cidadáns.

Te puede interesar