Temor en Esgos pola perda das árbores na OU-536

Nesta localidad hai árbores centenarias de grandes dimensións que non supoñen ningún risco para a seguridade vial

O colectivo ecoloxista Amigos da Terra pide protección para as árbores da estrada OU-536, pertencente á Xunta, a altura do pobo do Pinto, en Esgos. É a que comunica a capitalidade provincial coas Terras de Trives-Caldelas, "e unha das máis bonitas da provincia polo seu trazado e polas formacións arbóreas que se atopan no seu percorrido". Dique nesta zona hai árbores centenarias de grandes dimensións que non supoñen ningún risco para a seguridade vial pero sobre as que advirtiron os veciños, pois moitas foron sinaladas no seu tronco cunha EX de cor vermello, o que fai indicar, di, que se pretende cortalas polo pé ou facer podas pouco axeitadas.

Por iso, e como este é "un dos poucos exemplos que nos quedan na provincia" de respecto ao patrimonio arbóreo nunha vía, pide que se hai que afontar a poda, se faga con bos criterios para evitar a desaparición destas especies.

Te puede interesar