ENTREVISTA

César Fernández: “Teño clarísimo que a miña primeira opción en política sempre
 sería Ribadavia"

OURENSE. 09.10.2015. DEPUTACIîN DE OURENSE. CESAR FERNANDEZ. FOTO: MIGUEL ANGEL
photo_camera César Fernández no Centro Cultural da Deputación.

Chegou fai  casi tres anos á Deputación para asumir o cargo de asesor de política cultural. Agora pasa a ser parlamentario autonómico polo PP,  sustituindo a Marisol Díez

César Fernández chegou fai  casi tres anos á Deputación para asumir o cargo de asesor de política cultural. Agora pasa a ser parlamentario autonómico polo PP, sustituindo a Marisol Díez, nova delegada da Xunta en Ourense. Combinará o seu traballo en Santiago co de portavoz  do PP no Concello de Ribadavia. 

Que expectativas leva a Santiago?
Gustaríame,  como a calquera que represente á provincia de Ourense, traballar por ela. Para mín é unha etapa nova, un traballo novo, así que terei que chegar alí, e empezar a adaptarme á nova situación. O que está claro é que supón todo un reto que asumo con confianza e moita responsabilidade.

Esperaba verse no Parlamento?
Non o esperaba, colleume de sorpresa. No ano 2012 fun na lista no posto número 12,  como un máis, botando unha man e axudando a unha candidatura que eu entendía que tiña que representar á provincia. Agora tócanme esas responsabilidades.

Se antes de maio, puidera elexir entre a alcaldía de Ribadavia ou irse a Santiago, ¿cal sería a aposta?
Teño clarísimo que a miña opción sería a alcaldía de Ribadavia. É mais, poñámonos no hipotético caso de que agora eu fose o alcalde; dende logo non renunciaría á alcaldía para ir ao Parlamento, non me parecería razoable. 


Deixa o cargo de asesor cultural, pero como foi a chegada?
Cheguei aquí da man do presidente, Manuel Baltar,  xa que él entendía que era necesario centrar esforzos da institución na política cultural e  pensou que eu podería facer ese cambio e aportar novedades. Logo foron case tres anos cheos de actividade, consolidando cousas que xa existían e outras novas, algunhas que xa son referencia, como a ICC Week; traballos con escolares, ou as propias dos centros. Crearonse tamén liñas de subvencións coas que eliminamos a imaxe que se tentaba transmitir da entidade de que non empregaba criterios obxetivos para o reparto do diñeiro.

Di que chegou da man do presidente, puido iso suscitar suspicacias  sobre a súa valía?
Pois non o sei, a verdade. Cada un é libre de pensar o que queira. Ante quen pensara iso, o único que eu podía facer era responder co meu traballo diario. Esa e a única forma de que a xente poida valorar a túa valía, ou non, nun posto determinado. Agardo que agora que me vou, a imaxe do principio sexa diferente, e que sexa positiva.

Chegou o seu traballo á sociedade?
Hai unha parte importante que se fai de portas para dentro,  que leva moito tempo, e que é invisibel, pero penso que o que se fixo de cara ao exterior, si que foi máis visible do que era antes. Visibilizamos máis a actividade cultural da Deputación.

Cre que o seu sucesor será un bo sucesor?
Por suposto. Quen veña estou seguro que o fará moi ben e atenderá a todo o mundo, como o fixen eu. Coñezo pouco a Aurelio Gómez Villar, pero considero que ten capacidade máis que suficiente para desenvolver este labor.

Que reivindicación leva a Santiago dende Ourense?
Primeiro teño que chegar e ver como funciona todo, pero teño claro que represento a esta provincia. Tentarei, dentro do posible, reivindicar todo aquelo que sexa beneficioso para Ourense.

Cal é a maior carencia da provincia?
Creo que un tema sobre o que é importante traballar é o problema demográfico. É necesario centrar os esforzos en tentar cambiar esta situación.

Somos unha provincia ben tratada dende o Goberno galego ou somos a irmá pobre?
Non creo que sexa positivo entrar en ese tipo de comparacións entre provincias. O que lle pido a un goberno é que teña un proxecto de país, e se traballas nesa liña, ninguén se ten que sentir discriminado.

Ante a cita do 20 de decembro, que sensacións ten? Gustarialle ir a Madrid?
Gústame vivir día a día, paso a paso, e nada máis. Creo que é un momento moi importante para o país, porque se está a traballar en consolidar un modelo económico para sair da crise e entrar nunha fase de expansión.

Que lle deu e que lle quitou o posto que deixa?
Deume moitísimas cousas, a posibilidade de coñecer máis a fondo a inquedanza cultural da provincia e permitiume coñecer moita xente. Tamén me deu a posibilidade de contribuir a reforzar a actividade cultural en todos os concellos. Que me quitou?, o que te quitan sempre estas cousas: tempo. 

Te puede interesar