PRESUPUESTOS

Toén contará cun orzamento de 1,58 millóns neste 2019

A contía do orzamento sitúase en 1.580.399 euros, do cal algo máis do 26 %(421.000 euros) destinarase a gasto de persoal

O orzamento de Toén para o 2019 quedou aprobado cunha previsión de gastos de ata 1,58 millóns de euros, unha cantidade que vai na liña das contas do ano pasado. Como vén sendo habitual, o Concello toenés deu luz verde a esta previsión de gastos e ingresos antes de rematar o ano previo, tal e como sucede nos 12 anos que leva o popular Amancio Cid á fronte da corporación. 

A contía do orzamento sitúase en 1.580.399 euros, do cal algo máis do 26 %(421.000 euros) destinarase a gasto de persoal, quedando a maior contía (987.000 euros) para o gasto corrente no mantemento da actividade diaria e o servizos municipais. As contas inclúen unha partida de 135.000 euros, algo menos do 10%, para investimentos reais. Malia ser unha cantidade pequena respecto a outras partidas, supón un incremento neste apartado respecto a 2018, cando se destinaban 122.000.

No apartado de ingresos, a contía máis elevada correspóndese ás transferencias correntes doutras administración (685.000 euros).
Na aprobación das contas para 2019 recóllense tamén o réxime de dedicación dos concelleiros. Así, amósase unha dedicación exclusiva para a área de Infraestruturas , cunha remuneración de 20.797 euors, e unha dedicación parcial na área de  Benestar, Igualdade e Sanidade, cuxo salario queda fixado en 2.906 euros. 

Os membros restantes cobrarán 90 euros por asistencia a pleno e 60 euros por xunta de goberno; máis 90 euros por comisións. 
 

Te puede interesar