TEATRO

A traición das patacas conxeladas

20180321180550150_result
photo_camera Unha escea de Casa O'Rei.

Ibuprofeno Teatro trae ao Auditorio o humor máis acedo cunha obra que fala da morte e da familia, coa comida como nexo. 

Sen ánimo de facer espoiler, a obra "Casa O'Rei" é  o relato da típica comida familiar que remata mal, coa comida polo medio como nexo para falarlle ao espectador das relacións persoais e da morte cun humor acedo e sarcástico. O Auditorio Municipal acolle ás 20,30 horas esta representación do dramaturgo moañés Santiago Cortegoso.

"Casa O'Rei" é a última dunha triloxía gastronómica da que forman parte os espectáculos "O Furancho" e "Raclette", da compañía Ibuprofeno Teatro. Nesta ocasión, a acción trasládase a unha típica casa de comidas galegas. Para ser exactos, Cortegoso revela: "Calquera local da Ría de Vigo". O texto, que se concibe coma un xogo escénico e dramatúrxico, inspírase en "O Rei Lear" de Shakespeare."Os temas son a familia e a morte e toda a acción transcurre na

cociña desta casa de comidas", explica o dramaturgo. Un patriarca enfermo e os problemas das fillas co testamento marcarán a obra, que recrea un ambiente pechado e sobrecargado que subliña a opresión da familia protagonista. E aquí, as deslealtades teñen comida polo medio. "As  fillas e os xenros fanlle unha gran traición: cociñar patacas conxeladas, alí na súa casa de comidas, contrario á calidade dos produtos locais", adianta Cortegoso.

En "Casa O'Rei", os personaxes buscan a súa identidade nun contexto social globalizado que non controla, levándoos a situacións absurdas durante toda a obra. Unha traxicomedia formada por unha "familia" de actores: Miguel Borines, Victoria Teijeiro, Marián Bañobre, Teté García, Víctor Mosqueira e Xosé Manuel Esperante  métense na cociña desta casa que se derruba.

"É unha traxicomedia cuxo reto e o riesgo está en mezclar os xéneros. É surrealista, forte, moi cómica...", define o director. O conflito está servido para que os espectadores se senten na butaca. 

Te puede interesar