Parada de Sil

Trinta empresarios de Mos visitan Parada de Sil

Parada_result
photo_camera Yolanda Jácome e Francisco Magide, durante a reunión cos empresarios.

Unha delegación composta por trinta empresarios da localidade pontevedresa de Mos visitaron o Concello de Parada de Sil, para coñecer as súas potencialidades

Unha delegación composta por trinta empresarios da localidade pontevedresa de Mos visitaron o Concello de Parada de Sil, para coñecer as súas potencialidades. A delegación mantivo unha reunión coa alcaldesa, Yolanda Jácome, que estivo acompañada polo concelleiro de Cultura e Desenvolvemento Rural, Francisco Magide, que explicaron as características do Concello desde o punto de vista xeográfico, poblacional e económico.


No transcurso da reunión os responsables municipais fixeron unha breve intervención sobre os tres piares básicos da economía, comezando polo viño e vinculado a él, a nova industria do licor café Ecos da Pedra, sita na  localidade  de Teimende de iniminente apertura. Logo  comentouse a construcción dunha nave de castañas, na que inicialmente se procederá á clasificación deste producto, e tamén se debatiu sobre  a recente demanda de terreos para a colocación de  colmeas de cara á súa explotación industrial.
Sobre o turismo rural, piar básico da economía local, analizáronse  os elementos que permiten a atracción de visitantes e as posibilidades que ó entender do concello existen para investir, salientando as rutas de sendeirismo, de BTT,  a Fábrica da Luz, a casa Museo de Chocolate, que os empresarios visitaron acompañados pola alcaldesa. Aqueles tamén disfrutaron da pasarela do Mao, os Balcóns de Madrid e o mosterio de Santa Cristina, que os deixaron gratamente impresionados.

Te puede interesar