MÚSICA

De Vacas: "Temos sorpresas preparadas para as Festas de Ourense"

DAwL0tQUwAAHtHo
photo_camera De Vacas, no seu último hit "Amodiño", que estarán na Praza San Martiño o sábado ás 20,00 horas.

O grupo galego tocará na Praza San Martiño este sábado dentro das Festas de Ourense a partir das 20,00 horas. Prometen espectáculo

Chámanse "Pinta", "Marela" e "Morena" entre elas (Paula Romero, Inés Salvado e Faia Díaz), sempre acompañadas co guitarrista Guillerme Fernández. Todos eles forman o grupo galego De Vacas que cumpre un ano de vida acumulando éxitos na rede. 

Mezclan o enxebrismo e máis a retranca galega, un cóctel que lle levou a converterse nun grupo moi identificativo, tras as versións que fixeron do Gangnam style, De noite e de día de De noche y de día de Enrique Iglesias e o último e máis célebre Amodiño de Despacito de Luis Fonsi que arrasou en Youtube.

Faia Díaz, unha das integrantes do grupo, da unhas pinceladas do seu espectáculo dentro das Festas de Ourense.

Cal é a receta do éxito de De Vacas?

A receta de De Vacas é moi selecta. Son ingredientes precisos e exactos. Somos un grupo que rescatamos todos os tipos de música e facémolo con carácter. Pero sempre con e dende o humor. Son armonías que levan moito traballo, porque intentamos que dende a retranca galega, o público se divirta.

Onde empeza a inspiración das súas versións?

As ideas das cancións van xurdindo pouco a pouco. As veces, saenos de súpeto e outras temos que elaborar un pouco máis as letras. Pero a nosa inspiración empeza na casa. Xuntámonos, empezamos a escoitar cancións e vamos facendo propostas. 

Como nacen esas ideas?

Chequeamos cancións, pero as mellores xorden de maneira absurda. Facemos remuiños de ideas nos que ademáis das tres participa Guille, que non é so músico, senon que é unha parte importante do grupo. Fai os recursos melódicos pero intervén nas letras e nos nosos espectáculos de forma moi activa.

"Amodiño" foi un éxito, pero haberá sorpresas para os ourensáns?

Temos preparadas algunha sorpresas para tocar nas Festas de Ourense. É a terceira vez que tocaremos en Ourense e queremos levar novas propostas porque alí sempre nos trataron moi ben. Ímolo pasar moi ben o sábado. 

Hai algunha canción que se vos resista a versionar?

Hai algunha, sí. Esto é coma todo. Hai días nos que tes máis inspiración e hai outros nos que costa un pouco máis. Aserejé  é unha das cancións que temos aí clavada e que se nos atrancou. Pero é por culpa nosa, non por culpa do tema que estamos a versionar. 

De Vacas non só é "Amodiño". Hai máis temas como Pene, penete, pene (Pena, penita, pena de Lola Flores)...

(Sonríe) Sí a verdade é que con ese tema pasámolo ben e rimos moito. Sobre todo a xente coa coreografía, na que ademáis da música temos e bailamos con penes de plástico. Unha vez mentres estabamos nun deses espectáculos un dos penes pegouse o monitor diante e claro, non podiamos para de rir.

Un ano de vida da para moitas anécdotas.

A verdade é que temos anécdotas moi graciosas. Por exemplo, cando nos encontramos nos carnavais de Xinzo de Limia a tres persoas vestidas de nós. Fíxonos moita gracia e foi un orgullo. Pero tamén temos as nosas propias imitadoras. Chámanse De Cabras.

Crecen as anécdotas e, ¿os fans?

Estamos moi agradecidas o público en xeral. Porque eles son os que toman o timón do grupo e nos fan crecer e reciclarnos con novas versións. É unha retroalimentación. Nos cantamos para eles e eles piden máis versións e máis sorpresas.

Algunha desas sorpresas verase nas Festas de Ourense?

(Ri) Non podo adiantar nada. Ánimo a xente a que veña este sábado a Praza San Martiño a partires das 20,00 horas. Ímolo pasar ben. Prometido. 

Te puede interesar