MUNICIPAIS

Vence: “Somos a alternativa para os indignados co PP”

photo_camera Xavier Vence, este jueves en Ourense. (MARTIÑO PINAL)

O BNG presentou á cidadanía de Ourense ós primeiros candidatos da lista ó Concello da cidade

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, resaltou onte na cidade das Burgas a importante "renovación" na candidatura do BNG de Ourense co obxectivo de ser "referente" para a cidadanía que está "absolutamente indignada coa forma de levar as cousas nos últimos tempos no Concello de Ourense".

Así o comunicou aos medios de comunicación antes de participar novamente na presentación do primeiro tramo da candidatura do BNG-Asambleas Abertas na cidade, onde apelou a "un cambio de estilo, de forma de gobernar, espíritu novo de goberno, de transparencia e de apertura", tras criticala actual situación municipal.

Neste primeiro acto social aberto á cidadanía, onde despois falaría a cabeza de lista, Susana García, Vence resaltou a nova candidatura "composta por savia nova" e xente con "ilusión para que o Concello estea de verdade ó servicio de todos".

Para él, o primeiro paso é "pasar a páxina da corrupción dunha vez" e comezar de inmediato coa posta en marcha de medidas como "un ambicioso plan de emprego que está sendo torpedeado pola inacción deste grupo de goberno" e o "boicot do PP" dende a Xunta e dende a Deputación.

O BNG espera, segundo Vence e García, acadar unha posición "reforzada e unha correlación de forzas diferente" e manifestaron o seu convencemento de que o BNG será a "alternativa para a xente que está indignada coas políticas del PP".

Te puede interesar