CULTURA E OCIO

VeránEarte prosigue coa súa completa axenda cultural da época estival

Concertos, cine ao aire libre ou un roteiro de herbas menciñeiras son algunhas das actividades previstas para estes días

O colectivo Escua prosigue co VeránEarte, cunha programación cultural moi variada no que resta de verán na capital ourensá. A semana comezou co trivial feminista, organizado pola asociación Marcha Mundial das Mulleres, e que contou cunha ampla participación cidadá. 

Esta noite, a partir das 21,30 horas, o grupo Abuela Te Quiero ofrecerá unha actuación na praza de San Marcial, organizada por O Espertello. O grupo, que se define como "bailongo" causará sensación coa presentación do seu primeiro disco. 

Na xornada de mañá, o Cineclube Padre Feijóo ofrece unha sesión de cine ao aire libre no xardín do museo Arqueolóxico, que consistirá na proxección das curtas participantes na FicBueu. A cita dará comezo ás 21,30 horas e a entrada é de balde. 

Xa para o xoves, a actividade proposta é o roteiro de herbas menciñeiras, a cargo de Amigas da Terra e na que, especialistas e curiosos terán un punto de encontro para coñecer e descubrir xuntos a unión entre natureza e saúde. Os que quieran participar só teñen que aproximarse á horta da terra O Polvorín a partir das 20,00 horas.

A intensa semana rematará o venres cunha cita co ritmo, co baile e coa solidariedade. Así, a praza Pena Vixía da cidade será o escenario dunha animada Jam de música urbana e dun mercadillo solidario, abertos ao público e a participación de locais e visitantes. Ambas actividades darán comezo a partir das 21,00 horas e están organizadas pola A.C. Óscar Allos. 

Te puede interesar