EVENTOS

Vidas que non foran contadas por Quico Cadaval

O actor e director Quico Cadaval chega mañá ao Teatro Principal para presentar a súa obra 
"Os Inocentes"

"Podería ser un drama, pero o certo é que a xente ríese moito durante a obra, aínda que non se sabe si polo exceso desgracias", comenta o actor e director Quico Cadaval. "Os Inocentes" recolle as historias de tres persoas que viviron a Guerra Civil española e que Cadaval puido recoller grazas á trasmisión oral. Vidas que, baixo o seu punto de vista, faltaban no relato da guerra do país, máis alá dos bandos e dos que combatiron na loita.

20180410211822604_result "Aqueles que non eran heroes nin fascistas nin nada, xente que non entendía o que pasaba ao seu redor, que foi vítima e despois sobrevivente daquela época". Os tres protagonistas da peza viviron no campo de concentración galego de San Simón e son capaces de compartir a súa experiencia por primeira vez. "Un dos homes atópase cun dos que fora o seu compañeiro nunha taberna e alí é onde destapan as súas vivencias, para sorpresa dos demais", comenta Cadaval. 

O escenario do Principal amosará un relato baseado en contos, pero tal e como explica o director "os contos son un espectáculo teatral". Neste caso, a narración oral permitirá amosar a historia descoñecida de tres galegos, o que supón a fin do silencio. "Non paramos de falar da Guerra Civil e dos desaparecidos, xa é hora de deixar de facelo clandestinamente", comenta o galego. 

A actuación en Ourense supón para Cadaval á volta ao teatro que considera "a miña casa". "Probablemente é a cidade na que actuei máis veces nos meus primeiros anos. O meu estilo funcionou moi ben alí, e pasei por teatros, institutos ou bares", comenta. Ademais, non se esquece dos seus amigos da compañía ourensana Sarabela Teatro, "que sempre me axudan a levar os meus contos aos escenarios".

Te puede interesar