VITICULTURA

Viticultores da provincia ven perigosas as propostas da UE

Alertan de "querer cargarse a calidade" con ideas como a das viñas híbridas

"Queren homologar o viño como se fose a Coca-Cola. Tivemos que vir a Bruselas para enterarnos". Con estas palabras, o presidente da Federación Rural Galega (Fruga) e viticultor de O Ribeiro, Xurxo Álvarez, advirte do perigo que supón para as denominacións de orixe vitivinícolas galegas (catro de Ourense) as medidas que prevén dende Europa para o sector. 

Na xuntanza de traballo do sector agrogandeiro galego organizada pola eurodeputada do BNG Ana Miranda no Parlamento de Bruselas, membros da Dirección Xeral de Agricultura da Comisión Europea adiantaron que se vai permitir a plantación de "viñas híbridas" e que se considerará viño calquera producto elaborado con uvas sen grao alcohólico. "Isto conleva un risco e cuestións sanitarias sobre as persoas. Presentaremos alegacións na defensa da viticultura galega", coinciden os representantes da Asociación Galega de Viticultura que se desprazou ata Bruselas.

"Con este plantexamento para o sector volvemos á viticultura de hai 50 anos. É un atraso bestial. Queren estandarizar o viño e facer unha nova bebida, con esta filosofía queren cargase a calidade e os consellos reguladores de orixe porque lles molestan. Queren globalizar o sector", denuncia Xurxo Álvarez. No mesmo senso, Marcos Reboredo, viticultor ourensán e membro da Asociación de Viticultores Galegos, explica que estas medidas "favorecen a países como Alemaña para que poidan producir uva con facilidade e perxudícanse a zonas como as nosas".

Dende Fruga, o coordinador Manuel Dacal anuncian que o vindeiro martes se reunirán co Conselleiro para demandaranlle información e trasladaranlle "directamente as nosas preocupacións e as nosas demandas".


As condicións de europa "devalúan" o viño


Raimondo Serra, da Dirección Xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural da Comisión Europea, foi o encargado de transmitirlle á delegación da Asociación Galega de Viticultores o que a futura PAC decide para o sector. As condicións de "calidade" que deixan de esixir as medidas anunciadas por Serra crisparon os ánimos dos viticultores, que denuncian "ocultismo da Xunta" nestas medidas que, entenden, veñen a "devaluar" ás denominacións de orixe. Dende Fruga tamén criticaron que "xa está practicamente consolidada un rebaixamento da PAC, do 5% no primeiro piar, o das axudas directas, e de 15% no segundo piar, que é o de desenvolvemento rural". 

Te puede interesar