OURENSE

Volve o concurso de escaparates do Nadal

Repartiranse 1.900 euros en premios para os participantes no concurso. O público poderá votar online polo seu escaparate favorito

A Cámara de Comercio de Ourense anunciou onte a recuperación do Concurso de escaparates de Nadal, que se celebrou durante 26 anos de forma ininterrumpida ata o 2012. "Recuperar este certame é algo que ilusiona e fai ver que a nosa cidade segue viva e brilla con luz propia", explicou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. Ademais, engadiu que é "emocionante" rescatar este evento "tan fermoso no que se elixirán os mellores escaparates da nosa cidade". 


Repartiranse 1.900 euros en premios para os participantes que transformen os seus escaparates en rechamantes creacións que reclamen a atención dos consumidores. Nas bases establécense tres premios para os comercios locais por importe de 800, 600 e 400 euros. Unha das novidades desta edición é que os veciños poderán votar de forma online a aquel escaparate que máis lle guste. O que máis éxito teña por votación popular levarase un premio valorado en 100 euros. A elección poderase facer a través da páxina web da Cámara de Comercio.

O prazo de inscripción terminará o vindeiro dous de decembro e para poder acceder ao certamen será preciso adxuntar unha fotografía da vitrina. O obxectivo do concurso é recoñecer o esforzo dos comerciantes á hora de transmitir o espírito de Nadal polas rúas. Para o presidente da Cámara de Comercio, Juan Carlos Parada Rúa, o escaparate é o primerio imparto visual que recibe o cliente e que influirá en ocasións na súa decisión de compra. "Ademais son a imaxe externa dun negocio así como a súa tarxeta de presentación", explicou.


Entre os anos 2006 e 2012, foron un total de 2.550 os establecementos comerciais de toda a provincia os queque decidiron participar no concurso de escaparates. O obxectivo desta nova edición é acadar cifras récord batendo unha nova marca para que esta actividade se poida seguir realizando nos vindeiros anos. Este ano, contase co apoio da Dirección Xeral de Comercio da Xunta, da Concellería de Comerco do Concello de Ourense e do Grupo Caldaria.

Te puede interesar