ENTREVISTA - VIDA

A voz para emocionar da ourensá Cristina Eiró

OURENSE. 16/05/2018 Suplemento Vida: Cristina Eiro; Portada para Suplemento Foto: Miguel Angel
photo_camera Cristina Eiró.

A pesar da súa xuventude, Cristina Eiró conta cunha longa formación e traxectoria as súas costas. Actuacións, recoñecementos e incluso se atreve a presentar galas. Con todo, esta moza ourensá ten os pés na terra, e non deixa de formarse para sacar o máximo partido a súa melódica voz

A pesar da súa xuventude, Cristina Eiró conta cunha longa formación e traxectoria as súas costas. Actuacións, recoñecementos e incluso se atreve a presentar galas. Con todo, esta moza ourensá ten os pés na terra, e non deixa de formarse para sacar o máximo partido a súa melódica voz. Cristina, non deixes de perseguir os teus soños. 

Como comezou no mundo da música?

Con sete aniños, eu estaba matriculada na Escola Municipal de Música en Ourense e os profesores dixéronlle á miña nai que tiña una voz moi peculiar e bonita. A raíz disto, os meus profesores anotáronme a un karaoke a nivel provincipal que levou a cabo a “Fundación Amigos da Barreira” no Auditorio de Ourense. Presenteime co meu primo Álex (que hoxe en día acompáñame á guitarra nalgúns dos meus concertos) e gañamos. Pasamos á final e volvimos a gañar cun xurado composto de membros importantes do mundo da música como: Xosé Luis Foxo, José Antonio Viñas, xente da radio, músicos e compositores coñecidos.

Ese día non o esquecerei nunca, foi o día máis feliz da miña vida, o meu primero concurso de karaoke gañado, aquí empezaba unha nova etapa na miña vida, una etapa moi, moi bonita que aínda a día de hoxe sigo traballando nela.

Dende entón, comezaron a chamar á miña nai para incluirme nalgunhas actuacións. Propuxéronme viaxes para ir actuar... empezei a dar os meus primeiros concertos en locais da cidade... A día de hoxe, axúdame bastante a darme a coñecer a Asociación Queixumes dos Pinos, neste local é onde máis teño actuado, xa sexa dentro do local ou indo de viaxe a outros lugares de España a cantar.

Recorda algunha actuación especial para vostede?OURENSE. 16/05/2018 Suplemento Vida: Cristina Eiro; Portada para Suplemento Foto: Miguel Angel

Sen dúbida, unha das actuacións máis especiais foi a do Teatro Principal, aquel día fun moi moi feliz, ver todo o Teatro cheo, cheo de xente que lle gusta ver como cantas... é una sensación inexplicable pero á vez increíble. Espero que se me volva a dar a oportunidade e a confianza de volver a abrirme as portas para unha actuación alí… encantaríame.

Que estilo de música interpreta?

A verdade é que ata fai pouco só cantaba un tipo de cancións moi repetitivo. Gustábame e gústame moito cantar cancións lentas; baladas, por dicilo dalgunha maneira. A día de hoxe, sígome identificando con este tipo de cancións máis lentas e con sentimento, pero tamén é verdade, que este ano abrin portas e busquei distintos tipos de cancións as cales pensei que nunca cantaría, sen embargo, estame gustando interpretar cancións de distintos estilos musicais. Polo tanto non podería describir o meu estilo, pero como xa dixen antes, se teño que elexir algún tipo de música, quedaríame coas “baladas”.

Cales son as súas influencias?

Decántome por Beyoncé e por Alicia Keys, sen embargo, últimamente estoume a indentificar moitísimo co tipo de voz de Sofia Karlberg. O meu tipo de voz é mezzosoprano, polo tanto gústanme as voces femininas graves pero á vez con un rexistro bastante amplio.

OURENSE. 16/05/2018 Suplemento Vida: Cristina Eiro; Portada para Suplemento Foto: Miguel AngelQue lle aporta a vostede a música?

Desde logo que me achega “todo”. Motivación para superarme e facelo mellor en cada una das miñas interpretacións. Anímame cando estou triste, agobiada ou tensa por algo. En definitiva, apórtame moitísimas cousas, disciplina, autocrítica, constancia, dame equilibrio no que fago e créame confianza en min mesma. Apórtame satisfacción dun concerto que saíu ben e entusiasmo para seguir preparando cada vez máis e cousas mellores.

É difícil abrirse camiño neste mundo?

Pois si, a verdade é que é moi difícil. Eu estou avanzando pouco a pouco e soa, sen axuda ninguna, porque ninguén da miña familia é músico. As veces, neste mundo, ofrécenche cousas e ó final non son como dixeron que serían. Hai moitísima xente que canta, moitos grupos... somos moita a xente que queremos formar parte do mundo da canción… pero bueno, aí estou.

Tiven axuda de xente que ofreceume participar ou formar parte da súa banda. Sen embargo, creo que xa chegou a hora de ser eu, eu sen ninguén máis, Cristina Eiró, cos meus traballos personalizados.

Cales son os seus proxetos inmediatos?

Teño bastantes cousas en mente, algunas que sairán ben e outras ao mellor mal, pero por inténtalo que non sexa. Teño pensado gravar un videoclip este verán e tamén facer as miñas cousas propias, como empezar a aprender a tocar o piano para acompañarme nos meus concertos ou empezar a moverme por máis sitios coa miña voz.

Algunha mensaxe?

Que nunca deixedes de soñar e que nunca deixedes que niguén vos diga que non podedes facer algo, xa que se tendes un soño, tendes que ir a por el, sen importarvos o que vos diga a demais xente.

Te puede interesar