ENTREVISTA - VIDA

Xacio Baño, trote cara a liberdade

Xacio Baño.
photo_camera Xacio Baño.

O director leva 10 anos dirixindo curtas que teñen acadado moi boa repercusión en festivais de medio mundo. Agora vén de presentar "Trote", a súa primeira longa ambientada no rural galego durante a fin de semana na que ten lugar a "Rapa das Bestas"

Xacio Baño leva 10 anos dirixindo curtas que teñen acadado moi boa repercusión en festivais de medio mundo. Agora vén de presentar "Trote", a súa primeira longa ambientada no rural galego durante a fin de semana na que ten lugar a "Rapa das Bestas". Nela trata o papel da muller coidadora que, por diferentes motivos, non logra saír do ambiente opresivo que a rodea. Cunha moi boa acollida que a levou xa por festivais como o de Lorcano, Suiza, ou San Sebastián, ademais da aprobación do público, Baño xa pensa en novos proxectos, como "Augas Abisais" que filmará este ano e, outro deles pendente, sobre o sector da lousa no Barco de Valdeorras, localidade na que viviu e onde residen os seus pais.

Se non teño entendido mal, o do sector audiovisual non era o que tiña pensado dende un principio... cóntenos, porque se decidiu a seguir esta senda?

Entendín que non hai que ser finalista, hai que apostar polo que te enche e polo que te fai medrar. Sentín (e sinto) que o cinema é un reto, é un espazo que me axuda a descubrir, a achegarme e a reflexionar sobre o que nos rodea. Iso faime moi feliz, e sinto que o tempo merece a pena. Deixei fóra da ecuación a seguridade vital-económica, porque entendín que é moito máis importante sentirte vivo, que vivir a secas.

“Trote" é o seu último traballo, que atopa o espectador neste filme?

Atopa una proposta diferente. Unha das miñas teimas, e unha das razón que me achegaron ao cinema é poder vivir outras realidades. Poder escapar do teu mundo, e por en cuestionamento os teus principios. Afastarse do algoritmo.

Vivimos nun mundo que está controlado polos nosos intereses, polo que pensamos, os clics que facemos,... e o que obtemos cada día é o que queremos ou necesitamos. Pero a arte, se ten razón de ser, é para expandir e preguntar. Colocarte en novas situación eXacio Baño que te fagan mover o teu pensamento. Queremos vivir coa sensación permanente de ter a razón, pero é moito máis intelixente asumir que non a temos.

“Trote" conleva un trasfondo que incide en aspectos como o noso rural ou o papel da muller na sociedade. Fálenos delo.

Concebín "Trote" como algo máis parecido a un retrato dunha familia, dun espazo, e dun tempo, que coma un exercicio de narración típica no cal un héroe necesita buscar algo. Todo o que levantamos en “Trote” é unha excusa para falar dos personaxes e do tema.

O tema principal da película é a relación co animal externo, pero sobre todo co animal interno. Ese bicho que todos temos, e que por momentos non aceptamos. Rexeitamos a súa existencia ou que nos domine. Queremos pensar que somos máis evolucionados, que non nos conduce ao sexo, á ira, ao territorio... Pero basta con mirarse e ser sinceiro cun mesmo, para decatarse que eses impulsos primarios seguen en nós.

A situación da muller no rural, ou máis ben a situación da muller ante os cuidados das personas que o necesitan (maiores, enfermos, nenos), é algo que me apetecía contar. Falar desa prisión en vida. Da xenerosidade de dar o teu tempo a outras personas deixando de vivir a túa vida.

Como está sendo a acollida?

Eu estou moi satisfeito coa recepción. Nunca imaxinei que se ía estrear en cinemas, porque é unha peli que se escapa do que se soe ver nos cines comerciais. Así que aprezo e valoro o traballo da produtora e da distribuidora neste senso.

A crítica é moi positiva polo que me contan, porque non lin nada. Tratei de afastarme deste aspecto. Teño os periódicos cós textos que lle adicaron a Trote, quizáis dentro duns meses terei a necesidade de lelos. A día de hoxe, non.

Curtas ou longas?

Para mín non hai diferencia. Todo é creación. Hai historias que encaixan ben en formato curto, e outras que necesitan de máis metraxe para ser contadas. Eu disfruto igual das dúas. De feito, creo que nun prazo de 20-30 anos, creo que a separación de duracións vaise suprimir, porque todo tenderá a un formato de 40-50 minutos.

En que nota máis evolución dende os seus primeiros traballos?

Creo que é evidente que un director vai manexando mellor os recursos narrativos a medida que vai facendo. Esta é unha das razóns polas que os directores son mellores cantas máis pelis fan. Na música pasa un pouco ao contrario: o frescor e o discursos dos primeiros discos case sempre se volve repetitivo. O cine necesita moita máis experiencia para dominar todas as variantes que dan vida a unha boa película.

Se de algo estou orgulloso da miña evolución, é de que trato de non repetirme nas formas, e que trato de subir a dificultade e a aposta. Coido que cada vez manexo mellor os tempos, e vou máis seguro coa economía narrativa. Pero aínda me queda moito por mellorar.

Como definiría un bo director?

Aquel que entende que o respeto ao público é darlle o que non esperan. Aquel que crea retos e propón algo que nos mova. Un bo director é aquel que antepón a película ao seu propio ego.

Os seus traballos, seguen algunha filosofía? 

A filosofía é a do traballo continuo e diario, que é o que sempre vin na miña casa. Agachala cabeza e traballar. E quero crer que as influencias que de seguro teño, non son moi buscadas nin perseguidas. Como cheguei ao cinema por necesidade de saber quen son, non por cinefilia, o único xeito que teño de medrar é buscar o meu camiño, e quizáis, atoparme nalgunha intersección. que non hai que ser finalista, hai que apostar polo que te enche e polo que te fai medrar. Sentín (e sinto) que o cinema é un reto, é un espazo que me axuda a descubrir, a achegarme e a reflexionar sobre o que nos rodea. Iso faime moi feliz, e sinto que o tempo merece a pena. Deixei fóra da ecuación a seguridade vital-económica, porque entendín que é moito máis importante sentirte vivo, que vivir a secas.

Te puede interesar