25 ANIVERSARIO DA SúA MORTE

Xocas, a cara da ourensanía

photo_camera Os participantes na homenaxe a Xocas polo 25 aniversario do seu pasamento fronte a súa tumba, no cemiterio de San Francisco (Foto:Miguel Ángel)

"Bo e xeneroso". Esa foi a definición unánime da persoa de Xaquín Lorenzo, Xocas, onte no transcurso da homenaxe que se lle tributou a este ourensán 

Otempo decidiu dar unha tregua para que os ourensáns poideran render homenaxe á figura de Xaquín Lorenzo, Xocas, co gallo do 25 aniversario do seu pasamento. A chuvia decidiu parar xusto o tempo que durou o acto, que tivo lugar no cemiterio de San Francisco, e que organizaron o Museo do Pobo Galego e o grupo Marcelo Macías.

Entre os presentes que acudiron a este acto "cívico", como o calificou Francisco Fariña Busto, do grupo Marcelo Macías e membro de padroado de Museo do Pobo Galego, atopabánse o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez; o membro do Parlamento, Miguel Santalices; o presidente da Deputación, Manuel Baltar; o delegado da Xunta, Rogelio Martínez; o presidente do Padroado do Museo, Justo Beramendi; a concelleira de Educación, Ana Garrido; o director do Museo Arquelóxico, Xulio Rodríguez; o historiador Jesús de Juana ou o director do Museo Etnolóxico de Ribadavia, Xosé Carlos Sierra.

No que incideron e coincideron nas súas breves intervencións Fariña Busto, Justo Beramendi, Manuel Baltar e Xesús Vázquez, foi en destacar o amor a Galicia que tiña Xocas e en calificalo como "un home bo e xeneroso". "Hai expresións que a forza de ser usadas acaban por ser un tópico, como dicir que era bo e xeneroso. Calquera agora pode selo, pero no caso de Xocas é unha descripción e non unha gabanza", aseguraba Justo Beramendi.

Fariña Busto, ademais de lembrar a coincidencia de que onte tamén se cumpriron 70 anos da morte do irmán do Xocas, Xurxo, a quen estaba moi unido, contou que cando lle dicía "iso non pode ser por cuestións burocráticas, contestábame: "Pamplinas".

Manuel Baltar o calificou coma "un insigne emblema da ourensanía e un faro e testemuña do que significa amar á nosa terra". Para Xesús Vázquez foi “unha das figuras máis sobranceiras da nosa cultura, quen nos deixou unha pegada que se agranda co paso tempo”. Finalmente, realizouse unha ofrenda floral e interpretouse o himno galego.

Te puede interesar