ENTREVISTA | VIDA

Xosé Benito Reza y las intrigas de "Terradentro"

2op1535_result
photo_camera Xosé Benito Reza (FOTO: O. PINAL)

Unha vila do interior de Galicia de mediados do século XX que pode recordar a Celanova, é o marco no que se desenvolve "Terradentro", a primeira novela de Xosé Benito Reza. Amante da natureza, da paisaxe, do rural e das súas xentes, o libro, en clave de tres misterios a resolver por un avogado, non perde de vista estes elementos e a súa relevancia para non esquecer de onde vimos, e, como o pasado e o presente, son o tecido dun futuro incerto do rural galego.

"Terradentro" é o nome do último traballo de Xosé Benito Reza. Trátase da primeira novela do escritor que o alonxan, nunha paréntese, dos ensaios e investigacións sobre natureza, así como as biografías de Manuel Curros Enríquez e de Arturo Noguerol Buján, que ata o de agora marcaban a súa traxectoria literaria.  

Con "Terradentro" fai unha regresión á nenez, ao seu fogar e as historias coas que medrou. Todo elo a través dos ollos dun avogado e tres misteriosos asuntos nos que se verá envolto: a morte violenta dun vello fidalgo no seu propio caserío, a búsqueda na raia seca dos tesoros que deixaron ocultos os mouros en lugares cheos de trampas e a inesperada aparición da cadela do rexidor pintada de verde. Tres casos nos que humor e drama se conxugan á perfección enganchando ao lector dende a primeira páxina.

“Terradentro" é a súa primeira novela, que lle levou a escribila? 

Da necesidade de revivir por un intre pequeno unha época irrecuperable.

Que se vai atopar o lector nela? A que “universo" nos pretende achegar?

Ás luces e ás sombras dun tempo perdido. Ás tensións e os medos da opresión dunha ditadura que durou corenta anos e marcou moitas vidas, e tamén o esplendor das vilas como centros dinámicos dun mundo onde brillaban esplendorosas milleiros de aldeas. Ademais, claro, do unive_2op1541_resultrso que pretendo recrear, coas súas intrigas, misterios, enredos e suspense.

A creación dun espazo na Galicia rural non é froito da casualidade, é de supoñer que ten certo aire de reivindicación polo rural. Que nos podería contar nese aspecto?

Perdemos poboación a un ritmo alarmante dende hai unhos trinta anos, e con esa perda ademais da xente desaparece todo o demais: a paisaxe, os camiños, as aldeas, o patrimonio, a memoria... O rural galego esmorece de inanición sen que sexamos quen de deseñar unha estratexia a longo prazo onde participen todas as forzas políticas do país. Estamos obrigados a afrontar esta grave situación e a tentar corrixila, en todos os lugares, en todos os foros, fronte a quen sexa e cos medios e ferramentas que cada un teña da súa  man. Isto é unha sangría de consecuencias catastróficas para o país.

Acostumados a outros xéneros literarios, a que se debeu o cambio de rexistro? Foi sinxelo mudar o estilo?

Foi sinxelo tomar a decisión de facelo porque abrochou de repente, dun xeito natural, do oco baleiro que deixaron os vellos que me acompañaran toda a vida; pero non foi doado artellar tres historias convincentes que me serviran para reconstruír todo canto se movía naquel mundo extinto.

Agora que2op1511_result este traballo está reflectido en papel, como se sinte?

Agora que está rematado síntome moi ben, “en paz comigo mesmo e co resto dos mortais”, como di un dos personaxes da miña novela.

Tras estas primeiras semanas de presentación, como valora a acollida que está tendo a novela entre os lectores?

A verdade é que estou gratamente sorprendido, por moitas cousas: primeiro pola boa acollida que está a recibir da crítica, mesmo Xosé Luís Axeitos chegou a afirmar que con esta novela “nacionalizouse” un xénero, referíndose a que, segundo el, é a primeira vez que se desenvolve unha novela detectivesca escrita en galego no noso mundo rural; e tamén pola xente, polas persoas que me chaman, polos amigos e amigas que me escriben, que me abordan para comentar calquera cousa ou para animarme a seguir escribindo. É unha experiencia moi positiva e enriquecedora, porque nunca vivira nada parecido.

Convídenos cun bo argumento a ler “Terradentro"

Que o lector goce con esta obra que algúns clasifican como novela negra poñéndose na pel dun avogado, e logo seguir os seus pasos e a marcha sinuosa dos seus pensamentos, na procura dun asasino, do lugar onde está soterrado un tesouro ou de atopar os autores dunha trasnada; ao tempo que descobre o rural galego de mediados do século pasado, coas súas luces rutilantes e as súas sombras mestas.

Algún proxecto próximo que poida desvelarnos?

Quero facer algo interesante sobre a paisaxe, materia que non penso deixar de man, cando menos coa miña escrita; e tamén estou a traballar nun conto de animais, unha aventura entrañable para rapaces sobre a natureza galega e a súa diversidade. 

Te puede interesar