Visita institucional

Vázquez, Díaz Mouteira e o director xeral de Inclusicón Social visitaron APES este lunes

Arturo Parrado Puente puxo en valor "as accións que desenvolve a Asociación Prevención e Educación Social en prol da integración, en especial das persoas recluídas ou que estiveron privadas de liberdade e afrontan a súa reincorporación á sociedade"

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado Puente, a delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, visitaron este luns as instalacións da Asociación Prevención e Educación Social (APES). Parrado Puente aproveitou esta visita para manter unha entrevista cos responsables da entidade e facer un repaso tanto das actividades como dos novos proxectos nos que están a traballar, algúns dos cales contan con achega da administración autonómica.

O director xeral puxo en valor "as accións que desenvolve APES en prol da integración, en especial das persoas recluídas ou que estiveron privadas de liberdade e afrontan a súa reincorporación á sociedade". Nesta liña, garantiu que o Goberno galego seguirá "apoiando este traballo, como se pon de manifesto na achega concedida con cargo á orde de axudas para as anualidades 2017-2018, que ascende a 45.000 euros". Unha cantidade que APES destina ao desenvolvemento de itinerarios de desenvolvemento social e laboral deste colectivo.

Te puede interesar