CIUDAD

Xuntanza para axilizar os consellos reguladores

Ao longo do ano 2017 os cinco órganos de xestión do sector vitivinícola galego recibiron máis de 2 millóns de euros

Un momento da reunión que tivo lugar onte.
Un momento da reunión que tivo lugar onte.
Xuntanza para axilizar os consellos reguladores

A conselleira Ángeles Vázquez, acompañada pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén Docampo, mantivo unha xuntanza cos responsables dos consellos reguladores de viño galegos co obxectivo principal de escoitar as súas demandas e simplificar os trámites administrativos aos que se teñen que enfrontar. Neste senso, tamén se pretende manter unha comunicación fluída cun sector importante como é o do viño, que só a través da vendimia move máis de 209 millóns de euros, cifras que se multiplican tralo paso da uva pola industria.

Por outra banda, tamén se traballará na modificación de certos regulamentos ou normas que afectan aos viticultores e adegas galegos á hora de recibir axudas, como pode ser o sistema de autorizacións de plantacións de viñedo ou as achegas de promoción en terceiros países.

Na reunión de carácter técnico tamén se avaliou o apoio da Xunta a estes consellos reguladores. Ao longo de 2017 os cinco órganos de xestión das DO vitivinícolas recibiron máis de 2 millóns de euros.