ENTREVISTA

Zahera: “É unha historia dura, e o meu personaxe é moi distinto ao que teño feito ata agora"

zahera
photo_camera O actor Luis Zahera é o protagonista desta historia.

Coa película "Schimbare" chegou o seu primer papel protagonista que, curiosamente, tamén se chama Luis. Unha historia complexa que sacudirá ao espectador.

Coa película "Schimbare" chegou o seu primer papel protagonista que, curiosamente, tamén se chama Luis. Unha historia complexa que sacudirá ao espectador.

Cómo chega vostede a este proxecto?

Aínda non o sei, foi unha carambola. Primeiro ía facer un papel secundario, logo o actor elexido para o protagonista non pudo. E así cheguei ao que é o meu primeiro papel protagónico. É unha historia dura e o moi distinta a outros personaxes que eu tiña feito. Ademais, apeteciame moito traballar con Candela Peña.

Foi complicada a rodaxe?

Home, a rodaxe, eu que sei, é o noso traballo,non pode ser algo complicado. Non son un actor que sufra moítisimo. Estou feito a facer persoaxes extremos, como o yonqui de Celda 211, e non sufres creando ou desenvolvendo todo iso. É un traballo moi lúdico e divertido.

Existe o cine galego?

Non, non existe. Hai cousas puntuais, pero nada máis. Cando me preguntan se hai unha industria, non o sei, non son productor. As películas galegas móvense por festivais, non chegan ao público, de aí a miña dureza ao respostar que non existe un cine galego. Non existe a industria, calquera iniciativa é boa, pero non hai máis. Para mín é complicado falar disto, non vivo en Galicia, vivo en Madrid, e non coñezo a realidade da cinematografía galega, son un outsider.

Qué espera da estrea desta noite?

Home, tes certo nervio. Eu que sei, espero que lle vaia ben a todo o mundo impricado no proxecto. É unha historia dura, non é cine comercial, é unha película que se posiciona.

Vai ao estómago?

Sí, é dura, di o que por amor pode facer unha parella por unha filla.

Hai boa sintonía entre o público e o cine?

Creo que os datos o din. Últimamente é increíble. Con toda esta crise hai un apoio impresionante, que esperemos teña algunha consecuencia positiva para todos estos temas que están acabando coa cultura, como o "super iva" que temos ou que non se firme unha lei de mecenazgo. Está todo relacionado, o público está apoiando ao cine español e ao cine galego. Pero hai moitas trabas que creo que o imposibilita para ter un desenvolvemente. Se non hai uns mínimos para que poda flotar o corcho, vaise fundir. Unha boa administración da cultura ten un retorno importante, por iso non entendo nada. Supérame. Hai acoso e derribo, non sei que interese pode haber para todo elo.

Cóntanse boas historias?

Creo que si, que son moi boas historias. Estas últimas produccións están collendo sona. Agora a ver a resposta do público, é a que conta, porque nós temos unha imaxe moi subxetiva.

Cústalle escapar do Petróleo?

Non, que va, nin quero tampouco. O outro morreu como Chanquete e eu morrerei como Petróleo, non cabe dúbida. É un orgullo e non me molesta para nada. En Galicia, chámanme Petróleo ou carteiro de Luar e estou moi contento.

Te puede interesar