PROVINCIA

O emprendemento será a clave do PP para fixar poboación en Trives


Trives_result
photo_camera Comité de Campaña, candidatos e presidentes locais da xunta electoral da zona de Trives.

O Comité de Campaña reuniuse cos candidatos ás municipais na comarca

O emprendemento será a clave na que incidirá o PP como fórmula para fixar poboación e poñer en valor os recursos da comarca de Trives. Así se puxo de manifesta onte no transcurso da reunión que mantivo o Comité de Campaña Provincial do partido cos candidatos e presidentes locais da comarca. Na reunión de onte, centrada na xunta electoral da zona de Trives, participaron representantes de O Bolo, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Larouco, Manzaneda, Montederramo, A Proba de Trives, San Xoán de Río, A Teixeira, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

A reunión de onte centrouse en dúas cuestións que o PP ourensanao considera claves para esta zona da provincia. Por unha banda, a necesidade de fixar poboación, un dos problemas fundamentais da provincia. Os participantes no encontro coincidiron "na importancia de fomentar a cultura emprendedora, co fin de facilitar o asentamento de emprendedores que busquen a posta en valor e desenrolo dos recursos endóxenos do territorio", segundo sinalou o partido ó remate do mesmo.

A reunión serviu, ademáis, para recabar propostas que serán incluida no Programa Electoral Marco Provincial do PP. No decurso do mesmo, o coordinador do Comité de Campaña, Jorge Pumar, recalcou a importancia do patrimonio, tanto natural como monumental, "que requerirá plan específicos para a súa posta en valor". Recalcaou, asimesmo, que outra clave será a aposta pola estación de montaña de Manzaneda como eixo do desenrolo comarcal, "un esforzo que se visualiza coa próxima entrada do goberno da Deputación Provincial no accionariado de Meisa".

Te puede interesar