Juan Carlos Rodríguez, elexido presidente do PP de Ramirás

photo_camera Manuel Baltar, no centro, redeado de militantes tras o congreso local

O Centro Social de Villavidal (antiga Cámara Agraria) acolleu na tarde de onte o congreso local do PP de Ramirás, no que foi elexido Juan Carlos Rodríguez Matías como presidente local da formación política, con apoio unánime de todos os militantes.

O recén elixido presidente local aproveitou para agradecer o apoio unánime á súa candidatura e sinalou que o seu proxecto político “fundamentalmente na continuidade, con tres aspectos fundamentais: a cercanía cos veciños, a humildade e o traballo constante para poder canalizar todas as preocupacións que nos transmiten os veciños e veciñas de Ramirás”. Ademáis, recalcou Juan Carlos Rodríguez Matías que “o noso obxectivo inmediato é traballar arreo para gañar as eleccións municipais, sempre contando co apoio da alcaldesa, María Pilar Otilia López García.

Pola súa banda, o presidente provincial, Manuel Baltar, encargado de pechar o congreso local, agradeceu o compromiso adquirido pola nova executiva local de Ramirás, sinalando a importancia de manter a confianza dos votantes deste municipio, aumentando o contacto con eles “porque nos debemos aos veciños e eles son a nosa máxima prioridade. Falar con eles, e sobre todo escoitalos e solucionar os seus problemas, é o noso principal obxectivo”, aseguró el presidente provincial, recalcando tamén a importancia de manter diálogo fluido, “porque nesta época dura na que nos atopamos, é onde temos que demostrar a política con maiúsculas”.

Te puede interesar