PROVINCIA

Parada de Sil distribúe programas turísticos para familias con cativos

Os pequenos terán que pensar en como trata o home á natureza, practicarán orientación e aprenderán a medir o tempo

O Concello de Parada de Sil, en colaboración do Instituto Ourensano de Desenvolvemento Económico (Inorte), deseñou programas turísticos dirixidos específicamente a familias con nenos pequenos. A parte de ofertar o centro da natureza A Fábrica da Luz, na que se desenvolven diversas actividades, o Concello acaba de editar dous folletos para cativos, dende 6 a 10 anos, que segundo sinala a alcaldesa, Yolanda Jácome, "converterá a estancia dos nenos en máis entretida e fará deles uns auténticos investigadores do medio".

Un dos folletos está adicado ó mosteiro de Santa Cristina e nel propóñense aos rapaces cuestións sobre a diferencia entre un río vello e un novo, para cantas cousas serven os castiñeiros, como se subían as pedras sen grúas ou a relación do xadrez coa portada de Santa Cristina.

O outro folleto está adicado aos Balcóns de Madrid, o Pozo do Lobo e a ruta de Castiñeiros e Carriozas. Os pequenos terán que pensar en como trata o home á natureza, practicarán orienta- cion, aprenderán a medir o tempo, comparando o seu crecemento co dos castiñeiros, ou adiviñar como farían os nenos e nenas de Parada de Sil para coidar as ovellas e espantar ó lobo.

Te puede interesar