MELLORAS

Parada de Sil investirá 50.000 euros en melloras nos pobos

A alcaldesa, Yolanda Jácome, mantivo un encontro con 27 persoas de distintos pobos do Concello, coa finalidade de coñecer as súas valoracións e demandas 

O Concello de Parada de Sil investirá 50.000 euros en obras de mellora nos diferentes pobos. A alcaldesa, Yolanda Jácome, mantivo un encontro con 27 persoas de distintos pobos do Concello, coa finalidade de coñecer a súa valoración e a demanda de melloras. Nesta reunión púxose de manifesto a necesidade de mellorar o pavimento nunha parte das localidades de Valdemiotos e Espiñas, así como a reparación dun muro neste segundo pobo.

 

 

Tamén se abordou a necesidade de arranxar o lavadeiro de Costrela e o pintado da chamada estrada da Serra, que une Xunqueira de Espadañedo con Parada de Sil, para evitar accidentes durante os meses de inverno, debido á presenta de constantes nevadas. Outros proxectos que se expuxeron foi a canalización de aguas nas Quintas e a limpeza de camiños nesta mesma zona da Ribeira.

A alcaldesa comprometeuse a atender estas demandas e agarda ter encargado pronto os presupuestos para escomezar os traballos. Jácome tamén comunicou que a finais de xaneiro e principios de febreiro manterá reunións cos veciños de todas as parroquias para recollerl as súas demandas e opinións.

Te puede interesar