ENTREVISTA

Sara Inés: "Resulta moi enervante que a xente fale e nos meta a tódolos políticos no mesmo saco"

photo_camera Sara Inés Vega Núñez.

O pasado día 8 relevaba a Eladio Osorio na alcaldía da vila, abrindo unha nova etapa política

Sara Inéz Vega Núñez leva residindo en Castro Caldelas desde hai 32 anos, a onde chegou desde o seu Monforte natal "por cuestións de parella", xa que o seu marido era oriundo da vila caldelá. O pasado día 8 relevaba a Eladio Osorio na alcaldía da vila, abrindo unha nova etapa política logo de desenvolver o labor de concelleira e primeira tenente de alcalde durante 16 anos.

Lembra por qué se decidiu a entrar no mundo da política?

A min sempre me gustou o traballo ca xente, o contacto directo, e decidín meterme en política por un suceso que para min era unha aldraxe ó anterior alcalde. Foi unha moción de censura do PP perversa, apoiada por un tránsfuga do PSOE. Pareceume tan inxusto que cando me chamaron para ir nas listas das eleccións de 1999, entendín que era o momento de aportar o meu graíño de area.

Cómo lle cambiou a vida nestes primeiros días como alcaldesa?

A verdade é que levo tantos anos en Castro Caldelas e en contacto directo ca xente que tampouso é que haxa demasiados cambios. En calquer caso, si que me toca recibir a máis xente e poñerme ó día en tódolos problemas do Concello, non só nos das áreas que levaba ata o dagora.

Cal é o principal desafío que se marca desde a alcaldía?

Creo que o frear a despoboaciónque estamos a sufrir. Non é nada fácil e penso que milagres non se fan, pero dalgún xeito temos que conseguir fixar a poboación que temos,que tampouco é tanta e vámola perdendo pouco a pouco, como todo o oriente ourensán. En calquer caso, frear esa despoboación e atacar o problema do paro son os retos principais.

Teñen os concellos mecanismos para afrontar estes retos?

Eu creo que temos mecanismos suficientes. É evidente que se trata de políticas de moito máis calado, pero se non hai apoio ó rural os concellos podemos facer moi pouco. Sin embargo, desde ese pouco que podemos facer, en vez de queixarnos temos que actuar. E nos queremos facelo, para o que xa solicitei entrevistas á Deputación, á Consellería de Medio Ambiente e Infraestruturas e á Consellería de Cultura.  Son os tres primeiros lugares que vou a visitar, cunha serie de proxectos que coido que axudan a fixar poboacion.

Pode avanzar cales son os proxectos que presentará a eses organismos?

Pois entre eles atópase o arranxo de estradas, xunto con obras que son imprescindibles nos pobos, así como a actualización do catastro. Outro proxecto é o desenvolvemento do enorme potencial turístico que temos e que enlaza coa dinamización que hai que facer na bisbarra. Se temos ese potencial turístico é porque temos gastronomía, patrimonio, paisaxe, productos propios, o castelo e estamos situados en pleno corazón da Ribeira Sacra. Todo esto convértenos nun polo de atracción de visitantes e temos que facer que a xente de Caldelas lle saque rendemento e xurdan iniciativas. Ademáis, temos que apoiar ás explotación agrogandeiras con todas as nosas posibilidades, e non podemos esquecernos dos xoves que teñen iniciativas, poñendo á súa disposición desde locais a servicios do Concello, porque unha iniciativa que xurda aquí con un posto de traballo é algo importantísimo.

Son tempos moi difíciles para conseguir todo eso?

É moi difícil. Aquí estámonos dando conta desde fai como dous anos que está voltando xente que estaba na capital. Quedaron sen traballo, as condicións alí éranlles inviables e regresan ó pobo, porque aquí teñen a horta e se están aquí os pais ou un irmán, xa teñen unha axuda e un pequeno soporte económico. Esa xente o primeiro que fai é vir ó Concello a buscar traballo, pero o Concello non pode selo empregador de todos. Fai o que pode, pero teñen que xurdir iniciativas. Esa é a gran misión que temos por diante.

Nesta situación económica tan difícil e nun momento en que a clase política está tan desprestixiada, por qué decide asumir esta responsabilidade?

É una honra ser a alcaldesa de calquer pobo e máis de Castro Calcelas. Asumín este reto, primeiro porque os meus compañeiros me apoiaron e eso xa é algo importantantísimo. En segundo lugar, porque levo tempo suficiente traballando neste pobo para coñecer as súas necesidades e sentirme con forzas para intentar axudar. A política está desprestixiada porque de algo tan noble como é traballar por e para os cidadáns, unha serie de persoas fixeron algo noxento, dedicándose a traballar polo seu propio lucro. Pero a gran maioría non somos así. Eu renunciei ó meu soldo mileurista no concello para que os Servizos Sociais tiveran atención primaria, que iamos perder porque deixouna de subvencionar a Xunta.

Qué pensa cando ve os casos de corrupción que están a xurdir case que cada día?

Primeiro, unha gran pena de que haxa xente tan sinvergüenza por ahí que pense no seu propio beneficio en vez de axudar ós demais, que son os que o puxeron ahí. En segundo lugar, unha gran inxustiza, porque moitos dedicámonos a traballar por e para os cidadáns e nos sentimos satisfeitos por mellorarlles un pouco a vida. Por eso, é moi enervante  que a xente fale e  nos meta a todos os políticos no mesmo saco".

Te puede interesar