TELEVISIÓN

“Meus' rescata o acto de fotografar, que fala de nós e nos conta historias"

meus
photo_camera Protagonistas de 'Meus'

O programa que emite os luns a TVG fai un retrato de familia, que deixou encantados tanto a protagonistas como a fotógrafos

Emocionados e abraiados. Así se sinten os protagonistas do programa "Meus", algúns dos cales, xunto co fotógrafo que participou na foto de familia, dan a súa versión do programa unha vez que foi emitido, e comprobaron as reaccións de familiares e veciños. Baseado nunha idea orixinal do veterán realizador Miguel Piñeiro e producido por La Región, este espazo de entretemento familiar englobado no xénero "factual", que emite a TVG os luns pola noite, trata de recuperar o acto de preparar e realizar a fotografía de familia "algo esquecida nos tempos actuais, e que tanto e un documento para a memoria, como para a historia", segundo relata Helena Segura-Torrella, que participou na parte fotográfica. Para esta profesional o éxito do programa reside en que "as familias hoxe en día non siempre viven preto, e unha fotografía de familia é un bonito recordo para tela presente cada día".

Aflorar os sentimentos é outra das virtudes que destacan do programa ."Vaia regalo que me queda para toda a vida. Sentín moita emoción, no programa víronse de min sentimentos que sempre estiveron aí pero que ao mellor non todo o mundo o sabía", reflexiona David Álvarez, membro do clube de remo Tirán.n
 

Los protagonistas

rosario_resultRosario Lovelle (Os Peares): “Nada máis rematar o programa, os teléfonos non paraban de soar"

 - Qué che pareceu o programa unha vez rematado? Que sentiches cando viches o programa na TVG?

Gustoume moito. Xa me encontrara moi a gusto durante as gravacións e cando vin o programa o que máis me gustou foi que era tal e como o eu o esperaba, con toda a naturalidade. Sentín que nos retrataran tal e como somos nós así saímos. Os meus fillos, a miña nora, o meu neto e por suposto as compañeiras e traballadores da Asociación do Cancro de Ourense que para min son parte da miña familia e por iso quixen que estiveran comigo ese día.

- Qué che comentou a xente que o viu? 

Nada máis rematar de emitirse o programa o teléfono empezou a soar e non daba feito. Soaba o móvil, soaba o fixo. Cando daba falado coa xente dicíanme: levas comunicando media noite.

- Cómo recordas a gravación?

Os días que o equipo estivo comigo nos Peares, que me acompañaron a Ourense, a Allariz recórdoos con moito cariño. Para min era unha novidade estar no medio de tanta xente  e non sei como fixeron pero todo me resultou fácil.

David Álvarez (Tirán): “No programa víronse sentimentos que sempre estiveron aí"david_result

- Qué che pareceu o programa unha vez rematado? 

Pois sinceramente quedei abraiado cando o mirei. Eu non o vin ata que o pasaron pola TVG e vai ser un moi bonito recordo para min. para a miña familia e tamén para todos os remeiros da Sociedade Deportiva Tirán.

- Qué sentiches cando viches o programa na TVG?

Nada máis rematar de velo mandeille unha whasapp ao equipo que dicía: Vaia regalo que me queda para toda a vida. Sentín moita emoción, no programa víronse de min sentimentos que sempre estiveron aí pero que ao mellor non todo o mundo o sabía. Quedei moi contento co resultado.

- Qué che comentou a xente que o viu? 

A xente cando o viu pois a verdade que estaban abraiados e moi emocionados tamén. Creo que verse nesa foto emociona a calquera e penso que están orgullosos diso. No club moitos dixeron que o programa foi moi sentido en xeral pola xente da SD Tirán pero tamén do remo en xeral. Estou moi contento porque era o que quería mostrar sobre esa outra família que teño, a SD Tirán e o remo en xeral.

Tono Arias (Os Peares): “Está ben que saiamos e mostremos como é o traballo de fotógrafo"

tono_result- Qué che parece a aposta pola fotografía social e pola figura do fotógrafo que fai o programa? 

Nos tempos que corren de selfies e vanalidade dixital paréceme moi interesante. Os fotógrafos estamos sempre agochados tras da cámara e está ben que saiamos e mostremos á sociedade como é o noso traballo e que expliquemos como se pode resolver unha imaxe.

- Qué che pareceu o programa unha vez rematado?

Para min que non estou acostumado ao varullo dunha produción audiovisual foron momentos intensos. A montaxe final gustoume, é entretido, dura o tempo xusto e está rodado con profesionalidade e calidade técnica.

- Qué sentiches cando  viches o programa na TVG?

Satisfeito. E sobre todo creo que os verdadeiros protagonistas Quedanse cunha foto, un documento visual que xa nos gustaría a todos ter. Non esquecerán ese día.

- Qué che comentou a xente que o viu? 

Non esperaba que o vira tanta xente. Os comentarios foron mi positivos porque viron algo diferente.

Helena Segura-Torrella (Tirán): “Unha idea acertada o de recuperar a fotografía de familia"

- Cómo consideras que trata  o programa a figura do fotógrafo e a fotografía social?helena_result

Cando me propuxeron a idea, pareceume moi acertada, xa que eu sempre pensei que deberiase recuperar a fotografía de familia, algo esquecida nos tempos actuais, e queda tanto e un documento para a memoria, como para a historia.

- Qué che parece o programa?

Gustoume moitisimo e edición do programa, moi emotivo e cercano. Dando a coñecer diferentes sectores da sociedade, e diferentes familias, non so unidas por lazos de sangre, senon unidos polo corazón.

- Qué sentiches no momento de velo por televisión?

O principio un pouco de vergoña, pero despois sentiume moi afortunada por ter participado nesta idea tan novedosa, e que confiaran en mi como profesional da fotografía para realizar este traballo, e que voltaria a repetir cos ollos pechados se mo pediran.

- Cómo foron os comentarios da xente que o viu?

Os comentarios foron todos positivos, incluso hubo xente que chorou vindo as historias. O programa cumpre o seu obxetivo.

David Catalá (Santiago): “O programa é bonito e ensina moitas cousas a través dos demáis"

david_catala_resultCál e a túa opinión da aposta pola fotografía social e pola figura do fotógrafo que fai o programa? 

Paréceme unha aposta moi interesante e novidosa. Vivimos na sociedade da imaxe, prácticamente todos nós temos unha cámara fotográfica. Facemos fotos e estamos sendo constantemente bombardeados por imaxes. Esto fai que moitas veces perdamos o sentido do que significa unha fotografía. O interesante é que o programa rescata o acto de fotografar coma un acto de intención, que fala de nós e conta historias.

- Qué opinión tes do programa?

Encantoume. Penso que é un programa moi bonito e que nos ensina moitas cosas a través dos demais.

- Qué sentiches cando viches o programa na TVG?

Sentinme raro e tímido, pero por outro lado estaba moi contento de participar nel e axudar a contar estas fermosas historias.

- Qué che comentou a xente? 

A xente díxome que lle gustara moito, tanto a historia de superación de Iván Vázquez, como a fotografía que fixen.

Programa: “Meus"
Canle: TVG
Día de emisión: Luns
Horario: 23,30 horas

Te puede interesar
Más en Sociedad