SOCIEDADE

Santiago, primeira cidade galega en unirse a unha rede para "desarmar ao mundo"

mayors-1
photo_camera Logotipo de 'Mayors for Peace'.

Noriega asinou a adhesión a 'Mayors for Peace', a Conferencia de Alcaldes pola Paz

O alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, asinou xunto ao concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, a adhesión á rede internacional 'Mayors for Peace' (Conferencia de Alcaldes pola Paz), que loita por "desarmar ao mundo" coa meta posta na abolición total de armas nucleares no horizonte do ano 2020.

Así, xunto a outros municipios galegos como Rois e Cambre e outras 6.700 cidades de todo o mundo, a capital galega forma parte dende este luns dunha iniciativa que se xerou como consecuencia das dúas bombas nucleares que, en 1945, acabaron coa vida de miles de persoas nas cidades xaponesas de Hiroshima e Nagashaki.

A participación de Santiago na Conferencia de Alcaldes pola Paz implicará que o Concello destine unha parte dos presupostos municipais, que a preguntas dos xornalistas o concelleiro non detallou, ao obxectivo de "desarmar ao mundo" nun prazo de cinco anos.

300 CONCELLOS EN ESPAÑA

Desta forma, Manuel Dios congratulouse de que Santiago sexa a primeira grande cidade de Galicia en adherirse á rede, xunto a outras 300 no resto de España e como única cidade executiva estatal, Granollers (Barcelona).

Ademais de actividades de carácter divulgativo, como encontros e conferencias, o edil sinalou que Noriega acudirá en calidade de alcalde xunto ao resto dos seus homólogos a un conclave que se celebra cada catro anos, o próximo 2017.

A rede, que está rexistrada nas Nacións Unidas, foi creada polos alcaldes de Hiroshima e Nagasaki en 1987, cando instaron o resto de rexedores do mundo a parar o uso de armas nucleares, e así, deixar un planeta máis limpo, seguro, pacífico e sostible.

Te puede interesar
Más en Sociedad