TURISMO

O tren Valdeorras-Ribeira Sacra, ruta turística con ocupación total

Un total de 2.002 pasaxeiros viaxaron entre o 15 de xuño e o 28 de setembro polas sete rutas programadas

A campaña dos trens turísticos posta en marcha por Turismo de Galicia, en colaboración coa empresa RENFE, pechou cun notable éxito ao rexistrar 2.002 viaxeiros e unha ocupación do 81,71%, sendo a de Valdeorroas-Ribeira Sacra a demáis ocupación, cun 100%, entre os meses de xullo e setembro, cun total de 300 prazas ocupadas das 300 dispoñibles. O tren da Ribeira Sacra, que tamén circulou entre os meses de xullo e setembro, tivo unha ocupación do 99,71%, con 349 prazas ocupadas, das 350 ofertadas.

En terceiro lugar, o tren con máis ocupación foi o da Ruta dos faros entre Ferrol e Ribadeo, co 96,67% e 406 prazas ocupadas das 420 que se ofertaron. En canto ao tren da ruta do Ribeiro-Rías Baixas, tivo unha ocupación do 57,71%, mentras que o que o dos viños de Monterrei cubriu 183 prazas das 350 que se ofertaron, o que supuxo unha ocupación do 52,29%.

En total foron 2.002 pasaxeiros os que viaxaron entre o 15 de xuño e o 28 de setembro nos trens que cubriron as sete rutas programadas este ano: Ruta dos faros, Ruta dos pazos e xardíns históricos e as rutas dos viños de Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, O Ribeiro-Rías Baixas e Valdeorras-Ribeira Sacra Dentro desta campaña, un total de 567 persoas empregaron a opción de aproximación o que supuxo o 28,32% dos usuarios deste servizo turístico. Esta opción permitiu que os viaxeiros se achegasen ás estacións de partida desde A Coruña a Ferrol e Santiago, e desde Santiago a Ourense.

Esta tempada incluíu tamén como novidade os paquetes de fin de semana nos que se combinaban as rutas en trens turísticos coa pernoita nun hotel galego e os paquetes combinados de fin de semana desde outras cidades de España.

Te puede interesar
Más en Sociedad