REFRANEIRO GALEGO

25 refráns galegos que deberías coñecer

photo_camera Protegiéndose de la lluvia en los soportales de la Praza Maior de Ourense. (JOSÉ PAZ)

'Sogros e porcos, solo son bos despois de mortos', 'O amor é lume, pero nel non ferve o caldo', 'Será o meu herdeiro quen me limpe o traseiro' e outras expresións imprescindibles

Cínicos, humorísticos ou ben ásperos. Pero sempre ben encaixados na sabedoría popular. O noso refraneiro, transmitido pola tradición oral de xeración en xeración, supón un certeiro análise da realidade do país. O dos devanceiros, pero tamén o noso. Sirva como exemplo estes 25 refráns. Pero hai moitos máis. E todos imprescindibles.

(Política)

>De alcalde a verdugo, mirade como subo

>Quen con lobos anda, a ouvear aprende

>Aos ricos até lle paren os bois

>A conciencia vai coa convenencia

>Nunca faltou un can nunha merenda

(Os cartiños)

>Gaiteiro pago nunca ben toca

>Non busques nin boi de sábado nin home de luns

>Máis vale pouco e ben gañado que moito e mal logrado

>Fachenda na casa e fame na praza

>Non merques de quen mercou, merca de quen herdou, que non sabe o que custou

>Gasta en festas e viño o que lle has de deixar ao sobrino

>Será meu herdeiro quen me limpe o traseiro

>Amigos que loitan por un codelo, ou a fame é moita ou o querer pequeño

(Amor, amor)

>O corazón e os ollos nunca son vellos

>O amor é lume, pero nel non ferve o caldo

>A cara de casar non é a de enamorar

(Escoita filliño...)

>Quen calar non sabe, falar non debe

>A formiga foi mexar ao mar e dixo que era unha axuda

>O viño que é chispeiro, non necesita pregoeiro

>Estás na horta e non ves as berzas

>Enterro sen choros e romaría sen gaitas, non teñen gracia

>Non hai viño ruín nin auga boa

>O que alto mira, baixo se queda

>Si queres boa fama, non che dea o sol na cama

>Sogros e porcos, solo son bos despois de mortos

Te puede interesar