MÚSICA

“Nin no programa, nin no primeiro concerto fun consciente dos fans que tiña”

Sabela volve hoxe a Vigo, onde pasou cásting para OT en xuño.
photo_camera Sabela volve hoxe a Vigo, onde pasou cásting para OT en xuño.

Con 24 anos, Sabela Ramil, natural das Pontes, demostrou ter talento, persoalidade e madurez durante o seu paso por Operación Triunfo 2018.

 

De ser a primeira nominada finalizou de cuarta un concurso no que reivindicou o galego como lingua vehícular. Hoxe, na marquesina de El Corte Inglés, en Gran Vía, asinará discos das cancións que defendeu en OT, de 17 a 19 horas. Aspirou con “Hoy soñaré” a  representar España en Eurovisión: “Aporta sonidos distintos que poden dar outra cor ao festival”. Gañou o seu compañeiro Miki con “La venta”, a quen xa lle deu todo o seu apoio nas redes: “É xenial que un grupo de cultura festivaleira española vaia aEurovisión; La Pegatina peta alá onde vai e agora Miki tamén o fará”. Así, Sabela falou onte para os lectores de Atlántico sobre a situación na que se atopa e dos seus novos retos.

Dende que o seu paso polo programa esta é a primeira visita que fai a Vigo. Como se sinte?

É a primeira vez que veño dende que saín do programa, porque a última vez que estiven aquí foi precisamente para o cásting de OT. Estou moi contenta, é unha cidade que me gusta moito.

A súa participación en Operación Triunfo xerou fans non só en toda Galicia, senon tamén en Portugal. Era coñecedora deste apoio?

Nin durante o programa, nin no primeiro concerto fun consciente dos fans que tiña. Penso que as sesións de sinaturas están moi ben  para eso porque permiten o contacto directo coa xente.

Cun grao en terapia ocupacional e un master en musicoterapia, que lle levou a probar sorte nun concuso de talentos?

Levoume a música, tentar facerme un oco. Quería ver se podía facer unha carreira musical, doutro xeito non tería medios para logralo.

Como lle cambio a vida pasar pola televisión?

Non cambia tanto, só varía algo a rutina. Foi moito máis cando estaba no boom do programa. O meu obxectivo segue a ser o mesmo que antes, vivir da música.

Xa hai data para iniciar a gravación do seu disco coas súas composicións?

Por agora aínda non sabemos nada. Estamos buscando á xente coa que poder facer novas composicións. Xa rematei a primera canción, pero preciso máis músicos y  máis editores. É un proceso complicado.

No seu paso polo programa defendeu cancións en galego e o seu gusto por facelo. Pensa que lle beneficiou ou foi un hándicap?

Non sei. A xente valorou que podía ser arriscado. Para min foi moi natural, o arricado sería non facelo. É inevitable que nos encasillen no programa. Unha vez fóra e cunha carreira propia xa se irá creando a persoalidade propia.

OT xa conta cunha boa canteira de galegos, teñen relación entre sí?

É certo que hai unha boa representación. Tratei cos da última edición ao comezo e estamos en contacto. Sempre é unha axuda.

Presenta o disco cos temas que defendeu durante o programa. Algún ten un significado especial?

Dende logo. O lado positivo de ter sido nominada é que me permitía elixir os temas. Todos son especiais.
 

Te puede interesar