EL TIEMPO

Alternancia de nubes e claros na provincia de Ourense

As temperatuas continuarán baixando durante o fin de semana

Tras o paso dunha fronte durante a noite do venres ao sábado, Galicia quedará progresivamente baixo influencia anticiclónica. Así, o ceo empezará con alternancia de nubes con claros, con máis nubes canto máis ao Norte, onde pode haber algún chuvasco ocasional.

Durante a tarde haberá unha diminución paulatina das nubes, especialmente na metade Sur, segundo a información de MeteoGalicia, departamento que depende da Consellería de Medio Ambiente.

O vento soprará de compoñente Norte, frouxo en xeral, con intervalos de moderado no litoral. Pola súa banda, as temperaturas experimentarán un moderado descenso.

Deste modo, as máximas subirán ata os 14 graos en Vigo, Ferrol e Pontevedra, mentres que as temperaturas mínimas baixarán ata os catro graos en Lugo.
 

Te puede interesar