UNIVERSIDAD

Marrocos acolle a presentación dos resultados de AuditUM

Os seis socios asinaron un compromiso que garante a posta en marcha de obxectivos

A vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación, María Isabel Doval, e a investigadora de atlanTTic Ana Fernández Vilas participaron a pasada semana en Marrocos  no primeiro seminario de difusión de resultados do proxecto AuditUM, un traballo liderado pola Universidade de Vigo dirixido a crear servizos de auditoría interna nas universidades marroquís, algo do que carecen na actualidade.

AutitUM, financiado pola Unión Europea con preto dun millón de euros, púxose en marcha en xaneiro de 2018 e prolongarase ata finais de 2020, pero nestes primeiro ano de vixencia do proxecto xa se levaron a cabo varias tarefas das que se deu conta nesta xuntanza mantida no Centro Nacional de Investigación Científica e Tecnolóxica (CNRST) do Ministerio de Educación Nacional, Formación Profesional, Educación Superior e Investigación Científica en Rabat.“Para poder chegar a crear estes servizos de control interno e auditoría, o primeiro que houbo que facer foi establecer un marco de referencia xurídico e organizativo, no que se detallan a que leis están suxeitas as actividades financeiras das universidades marroquís (contratación pública, funcionariado, pagos en administracións públicas…)”, explica Fernández Vilas, investigadora principal deste proxecto.

Unha vez establecido ese contexto normativo xurídico, foi necesario establecer o marco organizativo. “Trátase de ter claro en cada universidade, desde o punto de vista de xestión financieira, cantos roles hai. Falo, por exemplo, de definir cantos niveles se definen, se hai un xefe de servizo, unhas áreas…”, recalca a coordinadora. Feitos estes dous primeiros pasos, o terceiro nivel foi definir os procedementos, o conxunto de pasos que hai que dar para cada unha das accións financeiras que se produzan na universidade.

Te puede interesar