UNIVERSIDAD

Premio nacional de fin de Grao para un economista

Neste certame presentáronse 137 traballos fin de grao procedentes de 31 universidades sobre temas tan diversos como teoría de xogos, economía experimental, economía laboral, inmigración ou finanzas

A Asociación Española de Economía puxo en marcha en 2018 o Premio de Traballos fin de Grao, aberto aos estudantes deste ámbito nas universidades españolas. E nesta primeira edición un dos primeiros premios foi para un estudante da Universidade de Vigo, Diego Aires, por un proxecto sobre os efectos macroeconómicos dos impostos progresivos nun equilibrio xeral dinámico con axentes heteroxéneos. Aires, que cursa o Máster en Economía da Universidade Carlos III de Madrid, explica que o seu proxecto fin de grao centrouse en “analizar o impacto dos impostos progresivos no benestar da sociedade e na desigualdade da renda”. Unha das conclusións máis destacables do seu traballo demostra que “o Goberno, con determinadas limitacións, pode levar a cabo políticas fiscais que permiten reducir a desigualdade da renda e mellorar o benestar dos individuos con menos recursos”. 

Neste certame presentáronse 137 traballos fin de grao procedentes de 31 universidades sobre temas tan diversos como teoría de xogos, economía experimental, economía laboral, inmigración ou finanzas. 

Te puede interesar