UNIVERSIDAD

A preparación de deportistas de elite trátase en 16 ponencias

Ciencias da Educación e do Deporte acolle o curso de 32 horas "Adestramento deportivo de alto rendemento"

Abordar as características e aspectos específicos do traballo con deportistas xa formados, esto é da preparación orientada cara o alto rendemento, é o propósito central do curso que ao longo desta semana se está a  desenvolver na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte no Campus de Pontevedra.

Cun programa integrado por 16 conferencias, que van da fisioloxía, a análise do sistema neuromuscular, a alimentación ou a prevención de lesións, ata o traballo específico en disciplinas como o taekwondo, o triatlón, a natación, o piragüismo e o atletismo, o curso Adestramento deportivo de alto rendemento desenvólvese por primeira vez nesta facultade co obxectivo tamén de proporcionar ao alumnado “unha maior carga horaria sobre a área do alto rendemento”, como sinala o profesor Emerson Ramírez, director dunha actividade que reúne a 20 alumnos e alumnas.

Remo, adestramento de resistencia aeróbica e anaeróbica e novas tendencias de adestramento en natación figuran entre os contidos centraron onte este curso que inclúe tamén no seu programa relatorios sobre deportes de equipo, muller e rendemento deportivo, adestramento funcional ou prevención de lesións.

Do mesmo xeito, entre as 16 conferencias que integran a actividade figuran sesións centradas en disciplinas como o triatlón, taekwondo, atletismo ou piragüismo, contando coa participación, entre outros, dos técnicos do CGTD Jonathan Cancela, Jesús Benito Díez, Merce Barrientos e Juan Pardo, así como do readaptador do Celta de Vigo Pedro Docampo. Hoxe continúa este curso que se prolongará ata o venres sumando así 32 horas de formación.n

Te puede interesar