UNIVERSIDAD

A revista “Imagonautas” comeza unha nova etapa con máis vinculación con América Latina

"Imagonautas" é unha revista interdisciplinaria sobre imaxinarios sociais creada en 1995 no seo do Grupo Compostela de Estudos sobre Imaxinarios Sociais

A publicación "Imagonautas. Revista interdisciplinaria sobre imaginarios sociales", editada polo departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo, abre unha nova etapa tralo nomeamento de David Casado, profesor da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense, como novo editor xefe. Entre os novos retos que afronta a publicación están fomentar a súa vinculación con América Latina.

Trala morte en 2018 de Juan-Luis Pintos de Cea, editor da revista, "producíronse cambios na estrutura da revista", segundo explica David Casado. Eses cambios, detalla, consistiron na eliminación da figura de director, que ocupaba o propio profesor do campus de Ourense, e o seu nomeamento como editor xefe, mentres que Milton Aragón, da Universidad Autónoma de Coahuila, en México, foi nomeado editor executivo. Tamén se incorpora ao comité editorial da revista Fátima Braña, antropóloga e profesora da Universidade de Vigo.

"Imagonautas" é unha revista interdisciplinaria sobre imaxinarios sociais creada en 1995 no seo do Grupo Compostela de Estudos sobre Imaxinarios Sociais para "contribuír ao diálogo interdisciplinar ao redor dos imaxinarios sociais e ás súas aplicacións na análise do socia"”. “Os imaxinarios sociais é entender que a percepción que temos da realidade social é unha percepción construída, que é o que determina a nosa interacción común”, comenta David Casado. A revista está aberta a propostas científicas sobre os imaxinarios sociais nos seus diferentes enfoques, de orientación tanto teórica como empírica, en calquera ámbito de coñecemento, publicando contribucións dos eidos de socioloxía, a topoloxía, a filosofía, os estudos literarios ou a arquitectura, entre outros.

Te puede interesar